Como sabemos que a túa resposta é positiva, na biblioteca fixemos unha clasificación das pelis que temos, cunha banda de cor indicativa da súa temática, para que che resulte mais doado atopar o que buscas.
Esperamos que che sexa útil
Aquí tes unha pequena selección de películas que podes atopar na biblioteca
Páxinas
▼
21 de maio de 2015
14 de maio de 2015
Día das Letras Galegas na Laboral
Hoxe celebramos no centro a Festa das Letras Galegas.
Tivemos tempo para escoitar a nosa música tradicional,
música clásica,
música popular galega,
recordar algún dos autores homenaxeados outros anos e os seus versos,
desfrutar vendo os malabares dos alumnos do Ciclo Superior de Animación Física e Deportiva
e a súa coreografía final
Por suposto, tamén houbo entrega de premios dos concursos promovidos polo EDLG e a biblioteca
En definitiva, unha festa onde quedou claro que todos sumamos na defensa da nosa lingua.
Tivemos tempo para escoitar a nosa música tradicional,
música clásica,
música popular galega,
recordar algún dos autores homenaxeados outros anos e os seus versos,
desfrutar vendo os malabares dos alumnos do Ciclo Superior de Animación Física e Deportiva
En definitiva, unha festa onde quedou claro que todos sumamos na defensa da nosa lingua.
5 de maio de 2015
Xosé Filgueira Valverde: O investigador
Xa estamos preto do Día das Letras Galegas, que celebraremos no centro o xoves día 14.
Desde a Biblioteca propoñémosvos investigar un pouco sobre Xosé Filgueira Valverde, que é o autor homenaxeado este ano.
Xunto co Departamento de Lingua Galega elaboramos este cuestionario de 10 preguntas.
Se respostas correctamente a 7 ou mais recibirás unha camiseta do 50 aniversario de A Laboral. Entre os que atopen todas as respostas sortearemos "cheques" para consumir no Restaurante Galipizza.
O formulario podes completalo on line premendo na imaxe de X. Filgueira ou solicitalo impreso na biblioteca ou a teu/túa profesor/a de Lingua Galega. Recorda: tes ata o día 13 para resolvelo!!

1 de maio de 2015
Visitando a exposición de Matemáticas e Cine
Os alumnos de Bacharelato visitaron a exposición de matemáticas e cine e trataron de atopar as respostas ao preguntoiro. Descubriron moitas cousas que non sabían!! Entre elas as moitas películas que teñen as matemáticas por protagonista