Páxinas

27 de febreiro de 2018

Cinema, cinema, cinema

Acabamos de renovar os nosos fondos de cinema e temos moitas e interesantes propostas para todos os gustos.

Así poderás gozas das películas que encheron as salas na súa versión máis comercial


Pero tamén temos unha nova selección de películas  que traen outras voces máis independentes e aportan outra perspectiva


Para rematar con aquelas outras que falan en feminino, protagonizadas por mulleres fortes, que viven ás veces moi lonxe, aínda que moitos dos problemas que viven as mulleres sexan moi semellantes en todas as partes do mundo


26 de febreiro de 2018

O club de lectura fala de mulleres e ciencia

Aproveitamos as efemérides destes días (Día da muller e a nena na ciencia e o Día da muller traballadora) para comentar unha lectura que a partires das memorias de Marie Curie fala do traballo das científicas (moitas esquecidas ou invisibilizadas) e como foron pioneiras en tantas facetas das súas vidas.


"La ridícula idea de no volver a verte" de Rosa Montero permite reflexionar tamén sobre a ausencia, a morte, o amor, o papel da muller na sociedade e na familia...

Como sempre, conversa e debate moi fructífero.

15 de febreiro de 2018

Luzes: nova suscripción

http://revistaluzes.com/seccion/luzes-52/


Xa temos dispoñible na biblioteca a revista Luzes. Preme na imaxe para descubrir os contidos do nº 52

Enamórate da lectura

Na biblioteca seleccionamos obras cheas de amor para pasar este mes tan frío e romántico


Pásate para facer o teu empréstito.