Páxinas

9 de outubro de 2018

Coñeces o noso Club de Lectura? Comezamos o día 29

Apetéceche compartir un café con libros? Únete ao noso Club de Lectura. Infórmate na biblioteca


3 de outubro de 2018

Novidades no noso revisteiro

Cada mes atoparás unha selección de revistas na biblioteca. Procuramos que sexan variadas e ir cambiando cada mes. Se che gustaría que tiveramos algunha en especial non tes máis que facernos a suxestión.

Este mes destacamos dúas novas revistas sobre fútbol: "O dez" escrita en galego e Líbero. Tamén, coma sempre, Luzes e varias opcións para informarte de música, videoxogos e cinema.

Pásate a botar unha ollada