Temos un concurso de relatos en marcha. Infórmate na biblioteca! Habera premios!
Páxinas
25 de outubro de 2022
24 de outubro de 2022
Unha selección de medo polo Samain
Para acompañar a nosa exposición sobre o Samain, fixemos unha selección de obras que inspiran terror, medo, nas que domina o negro, as bruxas, os monstruos...
Atréveste?
No día das bibliotecas abrimos as portas aos novos usuarios
O mello xeito de celebrar o Día das Bibliotecas é recibindo na nosa biblioteca ao alumnado de 1º curso, para que coñezan a biblioteca e todos os servizos que lles pode ofrecer.
Moito por descubrir e facer aquí.
19 de outubro de 2022
Preparando o Samaín
Xa estamos ambientando o noso espazo para celebrar o Samaín. Contamos con ter moitas visitas os vindeiros días, xa que axiña comezan as sesións de formación de usuarios, así que temos unha boa selección de historias de medo. Podes coller o que queiras sempre que non teñas medo das arañas nin das bruxas.
18 de outubro de 2022
Día das Escritoras
Onte, 17 de outubro, recordamos o día das mulleres escritoras. En realidade, cada día procuramos destacar a obra das mulleres e atraer ao andel de Igualdade aos nosos usuarios. Nesta ocasión aproveitamos para poñer sobre a mesa a escrita de moitas autoras galegas.
13 de outubro de 2022
Anótate no noso Club de Lectura
Xa estamos a preparar todo para o comezo do noso Club de Lectura.
Compartir é o mellor de ler. Infórmate!