Páxinas
27 de maio de 2025
Charla con Stepánka Jislová
Desde a Residencia Literaria 1863 fixéronnos o convite para recibir a autora checa residente Stepánka Jislová.
Tivemos a mala sorte de que se programou para o día do apagón eléctrico e a charla tivo que facerse posteriormente por videoconferencia xa que rematara a estadía na Residencia.
A charla resultou moi interesante. A autora falounos da escrita como terapia, do uso do color, da suas influencias. Deixamos unha mostra da súa presentación.
Unha gran oportunidade a colaboración coa Residencia Literaria 1863 para tecer redes lectoras e coñecer novas voces literarias.
Entregamos o premio aos gañadores do Bookface
Fai uns días entregamos os premios aos nosos gañadores. Aquí tedes unha imaxe do momento e aproveitamos para facer unha recopilación de todas as participacións.
13 de maio de 2025
Quen é o asasino? O noso Club atopa o culpable da man de Arantza Portabales
No noso clube non houbo ningún asasinato, pero si que falamos dalgún que outro crime con Arantza Portabales. Ademais de interrogar a autora como se fósemos inspectores ou a Gestapo, falamos de temas tan importantes como os coidados ou o poder do diñeiro e estivemos a opinar sobre as portadas de Asasinato na casa rosa. Foi moi interesante aprender sobre o proceso creativo e de escritura da autora e entender como xurdiron as súas personaxes.
5 de maio de 2025
Visita cultural á exposición O ouro dos Akan do noso Club de Lectura
Organizamos unha saída a Fundación Barrié para visita a exposición O OURO DOS AKAN. Tesouros reais do África occidental.
A cultura africana occidental dos akan, orixinaria da República de Ghana e Costa do Marfil, ten unha longa e refinada tradición no traballo da xoiería e os obxectos de culto. Os máis de 300 obxectos da exposición pertencen na súa maioría aos séculos XIX e XX, aínda que existen pezas puntuais que son moito máis antigas. A selección comprende todos os tipos de obxecto relevantes do ouro dos akan, desde impoñentes símbolos de status e xoias con filigrana a elegantes tallas, todos eles relacionados coas diferentes casas reais akan. A totalidade das pezas procede da extensa colección Liaunig en Kärnten, Austria, a cal é, xunto coas coleccións do Museo Británico de Londres, o Museo de Belas Artes de Houston e o Museo do Ouro de África de Ciudad do Cabo, unha das coleccións máis notables do planeta nesta materia. A súa presentación constitúe unha primicia non só en España, senón tamén fose do mundo germánico; a única vez que se puido ver fóra da súa sede foi no Museo Knauf de Baviera.
Tanto as obras figurativas, entre as que podemos ver leóns ou froitos de palma decorando as espadas dos reis ou os bastóns dos seus conselleiros, como a decoración xeométrica, presente, por exemplo, nos pectorales, están realizadas con suma pericia técnica.
Resultou interesantísimo coñecer esta mostra cultural ten descoñecida para todos nós. Descubrir novos mundos e culturas, un obxectivo do noso Club cumprido. Gran experiencia!
Libros que alimentan: Mercado solidario
Deixamos unha mostra de imaxes do noso mercado solidario. Estamos moi satisfeitas do resultado xa que acadamos unha recaudación de 741,65€ que irán íntegramente destinados ao Banco de Alimentos Rías Altas.