Páxinas

27 de novembro de 2025

No Club de Lectura falamos de vivenda con Aquí vivío de Isaac Rosa e Cristina Bueno

 Primeira lectura do Club no curso 2025-26. Resultou moi interesante falar dos problemas da vivenda tanto dos da época nos que se inspira a obra como no momento actual. Os temas sociais son sempre fonte de debate.




 













24 de novembro de 2025

Emprender, unha oportunidade. 25N







 No 25N enchemos o noso hall de historias positivas, de proxectos de emprendemento feminino, que permiten ás súas protagonistas saír de situacións de violencia ou vulnerabilidade económica, para reivindicarse como persoas libres e autónomas, para levar adiante os seus proxectos vitais, axudando ao mesmo tempo as súas comunidades. O emprendemento pode ser ferramenta de cambio, dando oportunidades para ser libres.

Queremos agradecer a colaboración de Taller de Solidaridad dentro do seu proxecto Enredadas polo Cambio, por cedernos a exposición e programar o obradoiro de dinamización da mesma para o noso alumnado.

 

13 de novembro de 2025

Inspirándonos en Rosalía polo 25N

 Aproveitamos a repercusión do último disco de Rosalía para preparar materiais para o 25N. As cancións A Perla, Xugular poden servir para achegar mensaxes con máis impacto no alumnado.

 


 

English Conversation. Join us!


 Como cada ano temos varias franxas horarias na biblioteca para practicar inglés. Non importa o teu nivel, join us!