30 de marzo de 2023

O Club de Lectura comenta "La anomalía"


¿Qué farías se te atopases co teu doble? ¿Es a mesma persona hoxe que fai un tempo? Estas e outras moitas foron as preguntas que nos fixemos na sesión despois da lectura de "La anomalía" de Hervé Le Tellier.

Unha novela que enreda varios fíos, construíndo unha novela coral, mezclando novela negra, sentimental, ensaio científico dependendo da voz do protagonista en cuestión.

O mito do doble é un clásico da literatura, e así levamos á mesa da sesión algúns das obras do noso fondo: Jekyll y Hyde, Dorian Grey... O xogo de espellos permitiunos falar un pouco do mito da caverna de Platón pero tamén reflexionar sobre a vida contemporánea, internet, a violencia machista, as mentiras políticas, a relixión...


 






23 de marzo de 2023

Exposición sobre a pesca do cerco

 Desde a biblioteca tratamos de xestionar a posibilidade de que o noso alumnado teña acceso a diferentes exposicións do seu interese.

Esta vez contactamos con Acerga, a Asociación de Armadores do Cerco de Galicia ao ter sabido que ofrecen unha exposición itinerante de gran formato, moi acaída para o noso espazo de entrada e, por suposto, moi interesante para o alumnado dos Ciclos de Marítimo-Pesqueira.





Agradecemos moito a Acerga que personalizase a exposición co noso logo e a oportunidade de poder contar con esta exposición no noso centro.

Freestyle no rap: Comunicación, valores y emprendemento

 Novo día de festa na nosa biblioteca. 

Desta volta tratando de facer unha actividade integradora de varias competencias: comunicación, valores e emprendemento, convidamos ao rapero freestyler @Le33, recente campión do mundo na final internacional de BDMdeluxe celebrada en Chile.

Estrenamos tamén a zona de auditorio do novo espazo bibliotecario, que pese a ser provisional estanos a gustar cada vez máis.





Durante a charla aprendemos un lote sobre a historia do rap e o freestyle, as técnicas, as métricas, pero tamén de comunicación, do respeto ao oponente e de valores na competición e na vida.




O alumnado do Ciclo de Ensinanza e Animación Sociodeportiva foi o que tivo oportunidade de participar, enlazando cos contidos relacionados con comunicación que se imparten no ciclo. Tamén aproveitamos a actividade para ofrecer unha oportunidade de emprendemento e desenvolvemento persoal, visibilizando que é posible vivir profesionalmente dos nosos intereses persoais. 

A mensaxe final: Esfórzate cada día para lograr os teus soños.

Como non podía ser doutro xeito a actividade rematou cunha pequena demostración de batalla de galos, xunto cun dos nosos alumnos.


13 de marzo de 2023

Seguimos preparando a nosa radio

 A nosa radio segue avanzando cara a súa posta en marcha. Nesta ocasión o alumnado do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións anda probando os micrófonos.






8M, Que o teu xénero non decida o teu futuro

 Cada ano aproveitamos o 8M para tratar de visibilizar ás nosas alumnas, máis escasas do que nos gustaría nos ciclos formativos que se imparten no centro.

Desta volta elaboramos uns paneis facendo a Natalia, Carmen, Andrea, Sara, Valentina, Vicky e Gala protagonistas e animando a outras rapazas a cursar os seus ciclos formativos.






Mulleres ao centro!

6 de marzo de 2023

Probando, probando... Radio na biblio

 Para a posta en funcionamento da nosa Radio na Biblio contamos coa axuda técnica imprescindible do alumnado de 2º CS Mantemento Electrónico que construíron unha emisora de FM. Agora están na fase de axustes pois se recibe con moito ruido.

Nas fotos vémolos traballando co transmisor, como se recibe nun receptor e como é o proceso para axustar a frecuencia de transmisión.