Coa nova remodelación da biblioteca descartamos moitas das enciclopedias e outras obras que estaban no antigo almacén. Son exemplares que non teñen sentido xa na nosa biblioteca, e con certa pena hai que recoñecer que case en ningunha.
Por iso decidimos darlles unha derradeira oportunidade e ofrecer estes exemplares a comunidade educativa, para levar sen volta.