Amosando publicacións coa etiqueta xadrez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xadrez. Amosar todas as publicacións

8 de xuño de 2026

Xadrez na biblio: Final four

 Este venres 5 de xuño disputouse a final do II Torneo de Xadrez Ulaboral, iniciativa promovida novamente pola Biblioteca do centro. Resultou vencedor o noso alumno do ciclo superior de Animación Mauro Atahualpa, que gañou na final a Álex Martínez, o noso excelente finalista do ano pasado. En terceiro lugar quedaron o profesor Pedro Rocha (tamén finalista do ano pasado) e o noso campión 2025, Emilio Gómez.


Despois de disputarse a final, os demáis participantes puideron xogar partidas amistosas para medirse cos finalistas, contando coa presenza de ilustres espontáneos.

















12 de febreiro de 2026

II Torneo de Xadrez Ulaboral


 Neste 2º trimestre terá lugar o II Torneo de Xadrez, con flexibilidade de horarios e dous cadros distintos de xogo, un de mañá e outro de tarde. Animádevos que logo virá unha fase final con agasallos!

12 de decembro de 2025

Celebración do Chess Challenge

 Onte tivo lugar o Chess Challenge, con gran éxito de participación e ilustres participantes. 

 







As xogadoras convidadas (Jelena Kolar, WFM Graciela Redondo e Ángela Castiñeira)  defenderon o reto con solvencia, e só Emilio, o noso campión local, foi quen de acadar unhas táboas moi meritorias! 

Os participantes recibiron un agasallo a modo de recordatorio impreso no noso Espazo Maker .


 

10 de decembro de 2025

Chess Challenge

 


Mañán xoves no recreo da mañá (11:30) teremos a tres xogadoras de xadrez no hall da Laboral xogando un reto contra os/as intrépidos/as que se atrevan a retalas: unha Mestra FIDE, unha xogadora xuvenil do club de Xadrez Regatas de Perillo e unha xogadora de Serbia (Club Alexandre Bóveda-Mirko).
            Xogarán rápidas con 1 minuto de tempo máis 2 segundos de incremento por xogada contra calquera. Os/as rivais disporedes de 5 minutos + 2 segundos. Haberá obsequios para os participantes! 
             Dende as actividades promovidas pola Biblioteca animámosvos a participar a toda a comunidade educativa. Vémonos alí!


5 de xuño de 2025

Xadrez na biblioteca: Reto superado e novo campión

 Este ano apostamos por incorporar o xadrez as actividades da biblioteca grazas á incorporación ao equipo da biblioteca de profesorado aficionado.


 Foi unha actividade moi ben acollida desde o principio polo alumnado.




 A nosa idea era organizar un campionato intercentros, pero algúns imponderables fixeron que tivésemos que demorar a actividade, así que celebramos un mini campionato nestas últimas semanas.




 A final disputouse entre o profesor Pedro Rocha e Emilio, o conserxe da quenda de tarde.



 Aquí temos ao noso flamante campión, Emilio, recibindo un pequeno agasallo, un bono para consumir na cafetería do centro. Nas fotos aparece con outro dos nosos finalistas, Alex, da cafetería do centro.



 O ano que ven, máis e mellor! Comenzade a entrenar!

21 de outubro de 2024

Xadrez na biblioteca

 

Novidade! Este curso imos promover o xadrez na biblioteca. 

Podes aprender se non sabes as regras do xogo. 

Podes practicar se xa coñeces os fundamentos.

E podes competir nos torneos que imos organizar.