27 de novembro de 2017

O noso Club de Lectura medra

Hoxe tivemos a segunda reunión do noso Club, cada día máis numeroso e diverso: alumnado de Ciclos, de Bacharelato, profesorado, persoal non docente... Encántanos!!

Comentamos "Marcas de nacemento" de Nancy Huston. Houbo, coma sempre, para todos os gustos: uns disfrutaron moito, outros horrizáronse coas personaxes, outros descubriron episodios históricos descoñecidos. O mellor, compartir experiencias lectoras ... e  o café, claro.

























E xa deixamos repartida a seguinte lectura: "Nada" de Janne Teller, un libro que nos vai a permitir desenvolver o lema deste ano das bibliotecas escolares: "Aprender a pensar coa BE". Os membros do Club recolleron con entusiasmo a proposta de reflexión e debate.

25 de novembro de 2017

A Laboral ponse de negro polo 25N

O alumnado do centro non desaproveitou a invitación do Concello para participar no acto de recordatorio do 25N, vestíndose de negro y deixando as súas mensaxes na árbore contra a violencia












A nosa árbore segue a medrar









22 de novembro de 2017

Cancións para o 25N

Aquí tedes unha selección de cancións, das que podemos escoitar cada día. Algunhas teñen letras que firen ás mulleres; outras, pola contra, dan voz ao problema do maltrato e aportan solucións


Todas quedarán expostas no hall e durante estes días teremos oportunidade de escoitalas. Toca reflexionar!

 




Preparando o 25N

Nunca esquecemos a necesidade de visibilizar a violencia de xénero no noso centro.

Ás veces, relaciónase a violencia co maltrato físico. Pero a violencia de xénero está presente de xeito moito más solapado no día a día de todas as mulleres.

Este ano quixemos visibilizar a discriminación e maltrato que se agocha detrás das letras das cancións de moda e dar a oportunidade de escoitar outras cancións que si teñen unha mensaxe positiva respecto a este tema.

Estes días tivemos no centro a exposición da Secretaría Xeral de Igualdade "Dille que non"




Hoxe preparamos as nosas árbores contra a violencia de xénero no hall do centro e na biblioteca para que cada un de nós deixe a súa mensaxe ou reflexión.









15 de novembro de 2017

Seguimos coa formación de usuarios

Seguen a participar nas sesións de formación de usuarios o alumnado novo do centro. Esta semana foi o turno de varios ciclos medios e de formación básica.

Alumnado moi diverso que descubre todo o que a biblioteca pode ofrecerlles










Contos do Camerún na biblioteca

Samuel Mountoumjou, contacontos camerunés, visitou a nosa biblioteca e invitounos a viaxar por África a través das súas historias, lendas, parábolas e anécdotas. Grazas ao departamento de Francés por facernos partícipes desta actividade.





13 de novembro de 2017

Sesións de formación de usuarios

Coma cada ano, nestes días estamos amosando a biblioteca ao novo alumnado de 1º de Bacharelato e 1º de Ciclos Formativos. Todos eles están a descubrir os nosos servizos e coñecendo os nosos fondos.

Unha actividade de moito proveito