Amosando publicacións coa etiqueta innovación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta innovación. Amosar todas as publicacións

22 de decembro de 2024

Inauguración oficial do Espazo Maker "Ángela Ruiz Robles"

 O venres día 20 fixemos o acto de inauguracion oficial do Espazo Maker, un lugar aberto a comunidade educativa concebido para promover a creatividade tecnolóxica, o diseño e o prototipado. Gafas 360º, impresoras 3D e outros materiais estarán dispoñibles para desenvolver todo tipo de proxectos. Infórmate! Pronto haberá microcursos de formación.





A aula estará adicada á mestra Ángela Ruiz Robles, que deseñou unha enciclopedia mecánica, que pode considerarse o primeiro libro electrónico da historia. 




22 de novembro de 2022

Proxecto Radio na biblio: practicamos co noso primeiro podcast.

 Entre os proxectos máis ilusionantes do ano temos a idea de poñer en funcionamento un espazo para a radio na biblioteca. 

Varios son obxectivos que se pensan alcanzar: por una banda, que o alumnado teña ocasión de poñer en  práctica cuestións técnicas aprendidas nos módulos máis relacionados coa radio e o son; doutra banda, facilitar á comunidade educativa unha ferramenta para mellorar as capacidades comunicativas, un espazo para o debate e para compartir experiencias.

Así, aínda nas fases iniciais e con todo por facer, o grupo de alumnas e alumnos do Ciclo Superior de Mantemento Electrónico na modalidade Dual comparten con nós a experiencia vivida xunto co mesmo grupo na modalidade ordinaria na súa visita ao Smart City Word Congress en Barcelona.

Escoitade! E interesante e motivador compartir con eles esta experiencia académica e vital ao mesmo tempo.