9 de outubro de 2026
Celebramos as palabras de Anne Carson, Premio Nobel de Literatura
As fermosas palabras de Anna Carson sobre o acto de ler e escribir presiden hoxe a nosa biblioteca. Buscaremos inspiración na súa obra poética e demáis producción literaria.
2 de outubro de 2026
Novo curso, moitas novidades
A biblioteca está lista, un curso máis, para abrir as súas portas.
Este é o noso horario este ano:
Agardamos por vós!
16 de xuño de 2026
Xornada compartida co Club de Lectura do IES Blanco Amor na Illa de Tambo
Un ano máis compartimos viaxe co club de lectura do profesorado do IES Blanco Amor de Culleredo. O noso destino este ano foi a Illa de Tambo e a icónica localidade de Combarro.
Unha forma xenial de rematar o ano lector do noso Club.
Grazas, Marjane
A nosa homenaxe a Marjane Satrapi, na súa triste despedida. As súas obras sempre terán un lugar destacado nos nosos andeis.
9 de xuño de 2026
Queres aprender sobre Seguridade Social? O alumnado de IPE I explícancho
Seguimos aproveitando a Rula como recurso para traballar os curriculos dos Ciclos Formativos, desta volta tocoulle o turno ao Módulo de IPE I. O alumnado do CS de Prevención de Riscos Profesionais e o do CS de Ensinanza e Animación Sociodeportiva analizan as distintas prestacións da Seguridade Social. Seguro que aprendes cousas moi interesantes, escoita os podcast.
8 de xuño de 2026
Xadrez na biblio: Final four
Este venres 5 de xuño disputouse a final do II Torneo de Xadrez Ulaboral, iniciativa promovida novamente pola Biblioteca do centro. Resultou vencedor o noso alumno do ciclo superior de Animación Mauro Atahualpa, que gañou na final a Álex Martínez, o noso excelente finalista do ano pasado. En terceiro lugar quedaron o profesor Pedro Rocha (tamén finalista do ano pasado) e o noso campión 2025, Emilio Gómez.
Despois de disputarse a final, os demáis participantes puideron xogar partidas amistosas para medirse cos finalistas, contando coa presenza de ilustres espontáneos.
4 de xuño de 2026
Día Mundial do Medio Ambiente
Celebramos o día mundial do medio ambiente cunha serie de podcast elaborados polo noso alumnado na Radio na biblio desde a perpectiva do módulo de Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo.
Rulando eses podcast!
2 de xuño de 2026
A última frase, na última sesión do Club
A obra de Camila Cañeque non podía resultar máis acaída para pechar o noso Club.
29 de maio de 2026
Novos recursos no Espazo Maker
Seguimos dotando de recursos o noso Espazo Maker e, máis importante, tratando de facilitar o coñecemento do seu funcionamento polos nosos usuarios.
Tamén tiñamos pendente compartir a adquisición da cortadora láser.
27 de maio de 2026
Escape Room polas Letras Galegas
En colaboración co EDLG organizamos un Scape Room na biblioteca ao redor da figura de Begoña Caamaño no que participaron varios grupos de FP Básica e Ciclos de Grado Medio.


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)








.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)






.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)





.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

