A nosa biblioteca está chea de arrepiantes lecturas, non teñas medo e ven!
Aquí tes unha selección de lecturas para o Samaín. Xa sabes que temos unha longa ponte para facer magostos e gozar coas historias de medo, pantasmas e bruxas.
Estades preparados para o Samaín?🎃🎃
Na biblioteca xa fixemos os deberes e preparamos unha selección de libros que farán que durmas ca luz prendida.
Non esquezas pasar pola biblioteca do centro e levarte un (ou varios) para a túa casa!