A nosa homenaxe a Marjane Satrapi, na súa triste despedida. As súas obras sempre terán un lugar destacado nos nosos andeis.
A nosa homenaxe a Marjane Satrapi, na súa triste despedida. As súas obras sempre terán un lugar destacado nos nosos andeis.
A obra de Camila Cañeque non podía resultar máis acaída para pechar o noso Club.
Xa temos o video resumo do Día do Libro. As nosas vidas dan para encher moitos libros...
Hoxe tivemos o privilexio de que nos acompañara Paula Carballeira para comentar con ela a súa obra, As alumnas.
Foi unha ocasión única para compartir a experiencia lectora e mesmo a experiencia docente.
Fixemos un pequeno dossier para a súa presentación.
Na biblioteca seleccionamos un lote de títulos para axudarte a contestar a nosa pregunta: Se a túa vida fose un libro, cal escollerías?
Anímate a pasar pola biblioteca e saca a túa fotografía. Haberá premios e un sorteo entre todos os participantes con vales para a cafetería.
Deixamos unha mostra das primeiras participacións.
A lectura de "Los Ingratos", de Pedro Simón, fixo rememorar aos membros de máis idade do club tempos pasados, costumes perdidas, sabores e olores da infancia.
O alumnado participante gozou da lectura e das "batallitas" do profesorado. Todos coincidimos en que ás veces non somos todo o agradecidos que debéramos con aqueles que tanto se sacrificaron, ou como o tempo fai esquecer relacións de amizade que deixamos morrer por estes tempos apresurados. O contraste entre o mundo rural dos anos setenta o a vida urbanita actual é clamoroso.
Deixamos por aquí os materiais para a sesión.
Tamén buscamos que a sobremesa que acompañase esta lectura fora un doce tradicional, dos que as avóas preparaban con mimo, unhas boas "torrijas".
Da man da obra Piranesi, de Susanna Clarke, fixemos a enorme descuberta do xénero da fantasía, todo un territorio ao que moitos dos membros do Club non chegaran antes.
Tivemos opinións para todos os gustos, houbo que non entrou no mundo de Piranesi e quen paseo con el polas salas e xogou cas súas mareas.
A sesión deu para falar da identidade, da memoria e da busca da transcendencia. Aí é nada!