10 de decembro de 2014

50 días de solidariedade. Dúas historias de voluntariado

Hoxe na biblioteca tivemos a oportunidade de compartir con Emi Cagiao e Joaquina Pérez as súas vivencias como voluntarias.

Ao narrar as súas estadías en Perú e Etiopía, lograron transmitirnos o cúmulo de sensacións que trouxeron consigo desta experiencia: perplexidade, emoción, alegría, impotencia, forza, satisfacción e a convicción que de trouxeron con elas máis do que levaron. Compartimos a mensaxe de que ás veces andamos perdidos entre o ruido da sociedade occidental e esquecemos dar valor ao autenticamente esencial.

Grazas por traernos esas reportaxes fotográficas tan impactantes, cheas de realidade pero tamén de sorrisos.









Agasalla unha boa lectura este Nadal

Queres agasallar con un regalo especial? Ven pola biblioteca, escolle unha lectura e nós envolvémola para que teñas listo o teu regalo para esa persoa coa que queres ter un detalle diferente


9 de decembro de 2014

Aula de traballo colaborativo

 Xa sabedes que tedes á vosa disposición a nova aula de traballo colaborativo, onde podedes traballar en grupo sen molestar ao resto dos usuarios.

Pronto poderás unirte ás nosas propostas de recreos en inglés que se desenvolverán neste novo espazo. Estade atentos!!





"Asambleístas" de Aristófanes na biblio

O alumnado de 1º de BAC fixo unha lectura da  obra de Aristófanes na biblioteca. Proba evidente de que unha obra do século V a.c. pode resultar actual





30 de novembro de 2014

Novidades na biblioteca!!!

Xa podes gozar das novas propostas de lectura!!

Podes escoller: Matemáticas, ciencia, banda deseñada, literatura en castelá ou en lingua galega






Pica a dereita nas nosas recomendacións e novidades para saber mais. Tamén podes acceder aquí

27 de novembro de 2014

A Laboral di #nonmaltratoUL

O día 25 enchimos o twitter de chíos

#nonmaltratoUL














23 de novembro de 2014

25N: Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

Que mellor que recordar este día, homenaxeando a todas aquelas mulleres de verdade, as do día a día. Compartimos un video fermosísimo,  adianto do próximo disco de Guadi Galego. Titúlase "Matriarcas"





Recordade que seguimos a pedir un chío: #nonmaltratoUL

Exposición humor

Nestas datas antes do Nadal pareceunos un momento idóneo para reunir parte dos fondos relacionados co humor, co sonriso, cun xeito de ver as cousas pola cara amable, afastandonos da crise e do desacougo que provoca cada telexornal.

Podedes escoller novelas, poesía, teatro, películas...Temos risas de todo tipo. Pásate pola biblio e desfruta!!







19 de novembro de 2014

Pedimos un chío contra o maltrato e a violencia de xénero: #nonmaltratoUL





Dende a Biblioteca queremos propoñer unha campaña contra o maltrato que se recorda o vindeiro 25 de novembro. Para iso os alumnos poderán redactar unha mensaxe en calquera idioma (castelá, galego, inglés, francés, latín) en twitter, co hastag (etiqueta) #nonmaltratoUL.

Ademais de concienciar os alumnos sobre este problema, tratamos de dar a coñecer os perfís da biblioteca nas redes sociais:
Pensamos que é unha actividade moi sinxela de levar a cabo, aínda que non esteades familiarizados co Twitter. Só hai que redactar unha mensaxe de 140 caracteres e engadir a etiqueta #nonmaltratoUL. Podedes facelo durante toda a semana ata o día 25.

Grazas por colaborar

15 de novembro de 2014

Campaña de recollida de alimentos na Biblioteca

Como sabedes os Bancos de Alimentos están baixo mínimos, así que chamaron ao noso centro solicitando axuda.

Na biblioteca puxémonos mans á obra e estamos a recoller alí todo o que poidades traer. Tamén estamos en contacto con algúns patrocinadores que aportarán pequenos agasallos que se sortearán entre todos os que donástedes.

O lema da campaña é "50 días de solidariedade", un xeito de pechar o 50 aniversario do centro acordándonos dos que mais o necesitan.



13 de novembro de 2014

Ghalegho ou galego? Orgullosos da nosa lingua

Hai uns días fíxose viral un video onde uns rapaces de Rianxo reivindicaban as varientes do galego que empregan de xeito cotiá (gheada e seseo)





Días despois, dende Ribadeo obtiñan resposta



 O galego é unha lingua viva, por iso cada galego faina súa, falando do seu xeito, orgulloso, a súa lingua

"Blacksad. Amarillo", Premio Nacional de Cómic

Juanjo Guarnido (debuxante) e Juan Díaz Canales (guionista) foron galardonados co Premio Nacional de Cómic polo álbum "Amarillo" da serie "Blacksad"
Trátase do último álbum da serie fabulosa con persoaxes convertidos en animais e protagonizado polo gato Blacksad. A obra recolle o ambiente turbio dos Estados Unidos dos anos cincuenta, onde son protagonistas a política, o jazz, os baixos fondos...

Un imprescindible do cómic que podes disfrutar na nosa biblioviva.

6 de novembro de 2014

Xa chegou MatExpo A Laboral

Queremos dar as gracias á Fundación Barrié por traernos ao noso centro a exposición itinerante MatExpo. Fixádevos o ben que luce no noso hall!!



5 de novembro de 2014

25 anos da caída do Muro de Berlín

Cúmplense estes días 25 anos dun feito histórico emocionante, que marcou unha nova etapa na historia europea.

A noite do 9 de novembro caeu o muro que separaba en dúas metades o corazón da cidade de Berlín











Para conmemorar esta data, na cidade Berlín iluminarán  con globos o antigo percorrido do muro entre os días 7 ao 9 de novembro.



LICHTGRENZE from Fall of the Wall 25 on Vimeo.

4 de novembro de 2014

Novembro, mes da ciencia en galego






 Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. 


Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.  
 

28 de outubro de 2014

Formación de usuarios

Esta semana estamos a facer as actividades de formación de usuarios cos alumnos de 1º de Bacharelato, xa que son novos no centro, e aínda moitos de eles non tiveran ocasión de coñecer a biblioteca.


24 de outubro de 2014

Día da Biblioteca

Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas. No noso centro cóllenos cheos de preparativos e plans, para facer que o noso IES teña unha #Biblioviva todo o ano. 

Contámosvos un pouquiño.
  • A vindeira semana faremos unha actividade de formación de usuarios para os alumnos de 1º de Bacharelato
  • Onte chamáronnos da Fundación Barrié para darnos a nova de que fumos seleccionados para acoller a MatExpo, unha exposición itinerante que nos achega ás matemáticas dun xeito ameno e visual, recordando que as matemáticas están en todo o que nos rodea e descubrindo a estreita relación entre esta disciplina e outras como as artes ou a literatura; todo elo, a través dos traballos de mais dun centenar de alumnos galegos. A exposición consta de 6 tótems verticais nos que se amosan:

18 de outubro de 2014

Biblioteca escolar....matemático!!!





Este é o lema elixido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria  para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado. Pronto descubriredes que as matemáticas están mais presentes na nosa vida do que pensabades!!

16 de outubro de 2014

Recomendando Galipedia

Coñeces a Galipedia? O equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro anímate a participar na charla do venres 24.


8 de outubro de 2014

Benvid@s a BIBLIOVIVA

Comeza hoxe a nosa viaxe neste blogue, dende onde queremos reivindicar o papel dos libros, da música, da cultura para axudar a formar ciudadáns mais libres.
 

Que mellor que adicar a nosa primeira entrada a Mafalda, que pese a cumprir xa 50 anos, está mais en forma que nunca. Ah!! Tamén este ano A Laboral, o noso IES, cumpre 50 anos. Qué gusto compartir aniversario con tan ilustre personaxe!!