Xa temos o video resumo do Día do Libro. As nosas vidas dan para encher moitos libros...
Xa temos o video resumo do Día do Libro. As nosas vidas dan para encher moitos libros...
Na biblioteca seleccionamos un lote de títulos para axudarte a contestar a nosa pregunta: Se a túa vida fose un libro, cal escollerías?
Anímate a pasar pola biblioteca e saca a túa fotografía. Haberá premios e un sorteo entre todos os participantes con vales para a cafetería.
Deixamos unha mostra das primeiras participacións.
Fai uns días entregamos os premios aos nosos gañadores. Aquí tedes unha imaxe do momento e aproveitamos para facer unha recopilación de todas as participacións.
Xa temos todo listo para o mercado de libros de segunda man. Xa sabedes que o recaudado vai para o Banco de Alimentos Rías Altas.
Precisamos da túa opinión para escoller a mellor imaxe entre todas as que participan no noso concurso de BookFace.
Xa temos aos afortunados que gozarán da obra de Luisa Villalta mentras degustan o seu lote de delicias galegas.
Feliz Día do Libro! Toca celebralo cunha chea de suxestións...
Todas elas participarán no sorteo dos nosos deliciosos lotes. O sorteo será na biblioteca, o xoves no recreo.
Mira o que temos preparado para celebrar o día do libro!
Para participar:
Cada ano procuramos facer unha boa festa que celebre os libros e a lectura.
Desta volta, pensamos en agradecer as recomendacións "gourmet" que nos fagan os nosos usuarios premiandoos cunha participación nun sorteo de delicias galegas.
Trátase de que cada usuario que o desexe cubra a planilla de recomendación.
Tamén pedimos unha fotografía coa lectura escollida. Así xa se consigue unha participación no sorteo de dous lotes de productos galegos, que inclúe, como non podería ser doutro xeito, unha selección de poemas de Luisa Villalta, a homenaxeada este ano polas Letras Galegas.
Chegou o Día do Libro e na Laboral quixemos celebralo cunha verdadeira festa.
Engalanamos a nosa mesa doce, cheas de lambadas e libros e polo noso Photocall Lerflix pasou alumnado, profesorado e persoal non docente.
Cada un escolleu lema e atrezzo e a participar da festa!