Seguimos dotando de recursos o noso Espazo Maker e, máis importante, tratando de facilitar o coñecemento do seu funcionamento polos nosos usuarios.
Tamén tiñamos pendente compartir a adquisición da cortadora láser.
Seguimos dotando de recursos o noso Espazo Maker e, máis importante, tratando de facilitar o coñecemento do seu funcionamento polos nosos usuarios.
Tamén tiñamos pendente compartir a adquisición da cortadora láser.
O alumnado de Electricidade e de Instalacións eléctricas de FP Básica participa un ano máis no programa Talentos Inclusivos en asociación coa entidade Aspace.
Una experiencia que permite ao alumnado coñecer as dificultades no día a día das persoas con parálise cerebral e descubrir como eles poden axudarlles.
Todo preparado para inaugurar o luns día 15 o noso Mercado Solidario de Nadal, organizado en colaboración coa sección da EOI de Culleredo. Poderás atopar libros, roupa e todo tipo de agasallos, moitos deles feitos a man ou elaborados no Espazo Maker da biblioteca do centro. Recorda que ten un fin solidario e que todo o recaudado será para o Banco de Alimentos Rías Altas
Onte tivo lugar o Chess Challenge, con gran éxito de participación e ilustres participantes.
As xogadoras convidadas (Jelena Kolar, WFM Graciela Redondo e Ángela Castiñeira) defenderon o reto con solvencia, e só Emilio, o noso campión local, foi quen de acadar unhas táboas moi meritorias!
Os participantes recibiron un agasallo a modo de recordatorio impreso no noso Espazo Maker .
Comezaron os cursos de formación para os nosos usuarios no manexo de impresoras 3D, o que permitirá ao profesorado e alumnado acreditado acceder ao espazo para facer as súas propias impresións para os seus proxectos persoais, ata 30 horas de uso.
Con case un mes de retraso publicamos por aquí a homenaxe as Cantareiras que se fixo no centro, grazas ao equipo de Dinamización da Lingua Galega, que botaron man dos recursos do noso Espazo Maker para facer unhas fachendosas pandeiretas.
Recibimos a visita de varios usuarios de ASPACE e dúas das súas coidadoras a través do programa Talentos Inclusivos no que estamos a participar. Estiveron contándolle aos nosos alumnos de 1º de CB Electricidade e electrónica como era o seu día a día e a importancia para eles dos retos que están a traballar. O noso alumnado tivo a oportunidade de preguntarlles dúbidas e tamén aproveitamos para gravar un Podcast para a nosa Radio na Biblio.
Pasiño a pasiño van tomando forma e lucindo máis os nosos novos espazos na biblio.
Mirade que portas máis vistosas quedaron:
Compartimos este vídeo ilustrativo sobre esta mestra, un exemplo de innovación pedagóxica a quen pretendemos adicar o noso espazo Maker.
O venres día 20 fixemos o acto de inauguracion oficial do Espazo Maker, un lugar aberto a comunidade educativa concebido para promover a creatividade tecnolóxica, o diseño e o prototipado. Gafas 360º, impresoras 3D e outros materiais estarán dispoñibles para desenvolver todo tipo de proxectos. Infórmate! Pronto haberá microcursos de formación.
A aula
estará adicada á mestra Ángela Ruiz Robles, que deseñou unha
enciclopedia mecánica, que pode considerarse o primeiro libro
electrónico da historia.
Canto máis desorden haxa no noso espazo fedelleiro, máis nos gusta!
Días antes do Innova así lucía a toda máquina.
Non poidemos inaugurar de mellor xeito o noso novo Espazo Maker que acollendo aos usuarios de Aspace, destinatarios do traballo que se está desenvolvendo dentro do programa Talentos Inclusivos.
O reto consiste en deseñar uns pulsadores que poidan ser útiles no
día a día de persoas con parálise cerebral. O alumnado de FPBásica de
Electricidade e Electrónica son os encargados de realizar a tarefa.
O mellor xeito de coñecer as necesidades dos usuarios é escoitar de primeira man as súas dificultades.
Primeiro os participantes na actividade compartiron experiencias no espazo Maker.
A continuación pasamos a escoitar algúns dos retos diarios aos que se teñen que enfrentar as persoas con esta secuela cerebral. Entre o auditorio estaban tamén os alumnos e alumnas do Ciclo de Ensinanza e Animación Socio-Deportivas que teñen un módulo de Actividades Fisiodeportivas para a Inclusión Social, que xa traballan semanalmente con outros usuarios con discapacidade, da entidade Aspadisol.