27 de novembro de 2016

25N: muro libre de violencia machista

O día 25N decidimos trasladar as nosas mensaxes contra a violencia de xénero ao hall do instituto. Alí todos tivemos oportunidade de expresar o noso rexeitamento contra calquera forma de violencia contra a muller







23 de novembro de 2016

25N: Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller



Tratamos de facer visible o problema da violencia contra as mulleres e de sensibilizarnos contra esta lacra social.

Toca reflexionar non só sobre as formas visibles de violencia, senón tamén ser conscientes de outra formas de violencia moito mais sutís: humor, publicidade, linguaxe sexista...


Na biblioteca temos unha selección de películas e libros que tratan esta temática. Tamén habilitamos un panel para que deixes a túa mensaxe contra a violencia de xénero.






14 de novembro de 2016

Xa temos perfil de Instagram

Se queres seguirnos nas redes, agora estamos tamén en Instagram



O noso perfil

@bibliotecaulaboral

Segunda sesión do Club de Lectura

Hoxe tivo lugar a segunda reunión do CUL.
Tocaba falar de "Enderezo descoñecido", de Kressmann Taylor.


Pero antes tivemos tempo de degustar as novidades compradas estes días


Despois, entre cafés e doces, sairon películas, outras lecturas, moitas suxestións...



E o mellor! Xa temos a nosa seguinte lectura


Héctor Abad traeranos o espíritu familiar, a felicidade da infancia e daranos pé para falar do proceso de paz en Colombia e da capacidade para o perdón e a convivencia.

12 de novembro de 2016

Cámara, luces e... ACCIÓN!!

Para os que gozades co cine, temos unha nova selección de películas, moitas delas protagonizadas por Superheroes e con moita acción!!