25 de novembro de 2020

As nosas máscaras berran Stopviolencia

 Coma cada 25N reivindicamos o dereito a vivir nunha sociedade libre de violencia. Consideramos que non hai mellor ferramenta para lograr este obxectivo que a educación.

Neste ano tan atípico no que non se recomenda berrar quixemos que as nosas máscaras levaran o lema #StopViolencia e berraran por nós.









24 de novembro de 2020

BibliotecasSTOPViolencia

A biblioteca do centro está preparada para o 25 de novembro. Entre os nosos fondos temos moitos textos para reflexionar sobre esta lacra social e como podemos facer para desterrala da nosa sociedade.










Obradoiro de Rap polo 25N

O alumnado de FPBásica participa nun obradoiro de RAP coa temática da violencia contra a muller. Moito que reflexionar ao ler os textos elaborados.

 














 

Instalación preparada para o 25N

O alumnado do centro quere dicir non á violencia empregando materiais propios das súas familias profesionais. Cremos que nun centro coma o noso, onde o alumnado é maioritariamente varón é importante a súa implicación e participación. Non se trata de crear un decorado bonito pero vacío de contido. Por iso, solicitamos a axuda dos alumnos dos ciclos das familias profesionais de Instalación e Mantemento e de Marítimo Pesqueira. O resultado final pode verse nestas imaxes:







Temos claro como saír das redes da violencia e levantaremos as nosas mans.



18 de novembro de 2020

Entregamos os nosos primeiros portátiles solidarios

 Grazas ao alumnado dos Ciclos de Electrónica puidemos levar adiante a iniciativa de rehabilitar vellos portátiles e entregarllos a todos aqueles solicitantes que necesitan esta ferramenta para seguir con normalidade o proceso de ensino nestes tempos de pandemia.

Hoxe entregamos o seu equipo a un primeiro grupo de solicitantes.







Grazas a todos os que donaron o seu equipo e sobre todo ao alumnado que levou a cabo o traballo de actualización. Se tes algún equipo dispoñible, aínda estás a tempo xa que temos solicitudes pendentes de atender.


17 de novembro de 2020

STOPViolencia é cousa de todos e todas

 Todo preparado para dicir non a violencia o vindeiro 25 de novembro.








Grazas ao alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Instalacións Frigoríficas polo seu traballo elaborando os materiais para ese día.




13 de novembro de 2020

As libreiras, redeiras marabillosas

 Se algo botamos en falta nestes tempos difíciles é que a biblioteca sexa un lugar de intercambio, onde recibir visitas de xente das que aprender a pensar, a escoitar, a reflexionar. Pero tamén botamos de menos sair do centro e visitar co noso alumnado espazos cheos de luz e de libros.

Ao longo destes anos procuramos sempre participar na marabillosa rede lectora da cidade de A Coruña e a súa contorna. Non perdemos unha oportunidade de intercambiar experiencias coas bibliotecarias da rede municipal de bibliotecas de A Coruña ou de conversar con libreiras que gozan co seu oficio de recomendar escollas e de  aconsellar lecturas.






Moito temos que agradecer as coordinadoras das bibliotecas escolares o apoio constante das librerías de proximidade. Sempre nos acollen con mimo, e axúndannos na difícil tarefa de seleccionar entre os miles de títulos publicados aqueles que poidan resultar máis acaídos para o noso alumnado. 

 




 

Consideramos un deber levar da man ao noso alumnado ata estes espazos de palabras e liberdade, onde se constrúe comunidade de lectores e de cidadáns comprometidos e responsables.

Grazas ás libreiras que saben tecer esas redes luminosas ao seu carón.

11 de novembro de 2020

Formamos aos novos usuarios da biblioteca

 Como cada ano, o alumnado novo no centro está a coñecer os servizos da biblioteca. A diferencia doutras ocasións non podemos realizar as experiencias de busca directa nos fondos polas limitacións do COVID19. Pero moitos alumnos e alumnas descubren un novo espazo ata agora non explorado e aproveitan para levar os seus primeiros fondos en préstamo. Os nosos andeis de banda deseñada son os máis desexados. Tomamos nota! Medrarán!