Amosando publicacións coa etiqueta contacontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contacontos. Amosar todas as publicacións

28 de outubro de 2025

Novo curso do Club de Lectura

 

Panel resumo do que significa un Club de Lectura. Os membros do noso Club escribiron a palabra que consideran máis acaída para definilo. Diversión, cambio, evasión, diversidade, luz... Non se pode definir mellor con tan poucas verbas.

Pois un ano máis aquí estamos dispostos a compartir historias ou... inventalas, como fixemos hoxe. Coa axuda do  xogo "Érase unha vez..." creamos unha historia bastante acaída para estes días de Samaín, con sapos, bruxas, prisións e pozos.


 

Xa temos unha nova cita para o vindeiro mes para seguir debullando historias. Ti tamén podes ser parte da historia do Club, aínda estás a tempo de unirte!

 

28 de outubro de 2021

Chega o Samain entre esqueletos e contos

 Coma cada ano a biblioteca prepárase para o Día de defuntos e para celebrar o Samaín. 

Federico, o noso esqueleto favorito, xa seleccionou as lecturas máis acaídas para este día.













Aproveitando o escenario o alumnado de FP Básica acudiu na sesión do módulo de comunicación a contar historias de medo, tradicionais de Galicia coma a Santa Compaña, pero tamén de outros países de orixe do alumnado. Escoitáronse contos da República Dominicana, de Perú ou Brasil. E todos fixeron tremer aos asistentes... Atréveste a ler unha das nosas propostas de medo.











30 de outubro de 2020

Samaín e xeografía de lendas e contos

 Estas datas son especialmente propicias para recordar as contos tradicionais que sempre escoitamos na nosa familia. Aproveitamos a oportunidade de compartir co noso alumnado de FP Básica as historias de tradición oral dos seus respectivos países de orixe: Colombia, Santo Domingo, Alemaña, Brasil...







Coidado coa Santa Compaña! Non sabemos se cumprirá as normas de confinamento!

O máis aconsellable é que busques un bo amuleto da sorte. Que tal se escolles algo da nosa exposición? Temos lecturas de medo e de terror para esquecer estes días tan escuros que nos tocan vivir en primeira persoa.






5 de abril de 2018

Contacontos laborais: Pepe Sendón e Marcos Teira visitarán a biblioteca

O vindeiro martes, 10 de abril, teremos a oportunidade de escoitar unha escolma de relatos na voz de Pepe Sendón, acompañado á guitarra de Marcos Teira.



Trátase dunha escolma de contos pensada especialmente para o alumnado da Universidade Laboral de Culleredo que teñen que ver con diferentes aspectos do mundo do traballo.
Son relatos de diferentes épocas, estilos e culturas, mostrando así os moitos modos en que a literatura se aproxima á experiencia do ser humano alí onde pasa as máis das horas do seu día: no seu posto laboral. Escritos polos autores: Rafael Dieste, Donald Barthelme, Heinrich Böll, Víctor Giudice, Primo Levi e Pippa Goldschmidt.

15 de novembro de 2017

Contos do Camerún na biblioteca

Samuel Mountoumjou, contacontos camerunés, visitou a nosa biblioteca e invitounos a viaxar por África a través das súas historias, lendas, parábolas e anécdotas. Grazas ao departamento de Francés por facernos partícipes desta actividade.