28 de novembro de 2015

II Campaña solidaria de recollida de alimentos

Iniciamos a II Campaña solidaria de recollida de alimentos dende o luns 30 de novembro e ata o día 11 de decembro. Igual que o ano pasado, as doacións recóllense na biblioteca. Contamos coa túa solidariedade para superar o recollido na campaña anterior. Grazas anticipadas


Einstein visita A Laboral. Demostra canto sabes sobre el

Dende o pasado día 25 de novembro, coincidindo co centenario da Teoría da Relatividade, Albert Einstein acompáñanos no centro. Aproveitamos que 2015 é o Ano Internacional da Luz para para unir unha exposición sobre o tema no vestíbulo de cafetería, varias presentacións no monitor do vestíbulo da entrada cuxa temática principal é Einstein e unha gran mostra bibliográfica na biblioteca sobre este gran científico. Tamén podemos atopar varios aparellos que nos permiten coñecer algúns dos efectos da luz.



Se picas na imaxe poderás comprobar canto sabes sobre Einstein.

http://elpais.com/elpais/2015/11/23/ciencia/1448300541_407740.html

Sendo un dos científicos mais famosos da historia, tradicionalmente sonlle atribuidas un lote de frases mais ou menos inxeniosas. Pero a verdade é que moitas delas nunca foron pronunciadas por el. Queres saber cales dixo e cales non? Pica na seguinte imaxe



http://elpais.com/elpais/2015/04/06/ciencia/1428313144_548044.html

23 de novembro de 2015

25N: NON AO MALTRATO

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a violencia de xénero. Para reflexionar sobre este problema, as súas causas e as vías para solucionalo, propoñémosvos o visionado deste cortometraxe rodado polos irmáns Esteban Alenda, nominado aos premios Goya no ano 2011, "El orden de las cosas"

Este curto é unha sucesión de acertadas metáforas e recursos visuales mediante as cales os irmáns César e José Esteban Alenda mostran a súa visión sobre a problemática dos malos tratos. Así desde a omnipresencia do auga como o valor e o estado de ánimo da protagonista, cuxo nivel vai variando, a ese cinto que Marcos busca desesperadamente ao ser a herdanza que recibiu de seu pai.

A protagonista é Julia e a súa vida encerrada nunha bañera de tristeza e soños truncados, de violencia machista e silencios cómplices, do medo que paraliza ás mulleres maltratadas.  Pero esta historia, sobre todo, fala de esperanza e de valentía, dese valor que se reúne pinga a pinga para poder cambiar a orde das cousas e construír unha nova vida.


18 de novembro de 2015

Información, imprescindible para a opinión

O que aconteceu en París deixounos sen palabras. Pero sempre queda a opción de buscar información para entender o que pasa ao noso arredor. Se é posible, fóra das canles habituais dos medios informativos. Isto brindaranos a oportunidade de formar a nosa propia opinión.

Picando na imaxe podes ler unha reflexión sobre o papel dos medios na formación da opinión pública

https://ericlluent.wordpress.com/2015/11/14/el-peligro-de-ponerse-la-foto-de-perfil-con-el-filtro-de-la-bandera-francesa/
 
Despois mira este video que explica o acontecido na área de Oriente Próximo ao longo da Historia, en termos bastante sinxelos.


http://whymaps.tumblr.com/post/130676615737/un-video-de-sdepazos-y-bruteix

Que opinas?

16 de novembro de 2015

Novidades de cine

Pásate pola biblioteca para emprestar algunha das novidades de cine. Atoparás un pouco de todo: humor, fantástico, social...



5 de novembro de 2015

Seguimos coas sesións de formación de usuarios

Como somos tantos no centro, aínda estamos facendo a formación de usuarios dos grupos de 1º. Estes días tócalles aos dos Ciclos Formativos de Marítimo.






Día da Ciencia en Galego con Xurxo Mariño

O alumnado de Bacharelato do centro participou na actividade organizada pola Coordinadora Galega de ENDL con motivo do VI Día da Ciencia en Galego e tivo ocasión de escoitar por videoconferencia a charla de Xurxo Mariño, "A máquina que constrúe a mente e a realidade".



Colaboraron na actividade o departamento de Bioloxía, o departamento de Física e Química e o ENDL do centro. Unha nova oportunidade para falar de ciencia e reivindicar a posibilidade de facelo en galego.

Se queredes saber mais sobre Xurxo Mariño, aquí tedes unhas notas biográficas e unha ligazóns de interese, elaboradas polo profesor Manuel Cid, Xefe do Departamento de Física e Química.

3 de novembro de 2015

Revisteiro de novembro

Xa temos as novas revistas na biblioteca. Queres viaxar a Lisboa? Saber mais sobre a última de James Bond? É posible un mundo sin gasolina? Como poden axudar as redes sociais á miña empresa?...
A resposta: na nosa hemeroteca