Amosando publicacións coa etiqueta Dia das bibliotecas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dia das bibliotecas. Amosar todas as publicacións

29 de outubro de 2025

Os nomes íntimos, de Lucía Aldao e Samuel Merino

 Seguimos celebrando a semana das Bibliotecas, hoxe da man de Lucía Aldao e Samuel Merino co seu recital poético musical "Os nomes íntimos". 

 









O alumnado do Ciclo de Desenvolvemento de Proxectos de Instalacións Térmicas e de Fluídos e do Ciclo de Prevención de Riscos Laborais tiveron a oportunidade de participar dun espectáculo poético cuidado, fresco e honesto. A cultura e a verdade por bandeira poética.

Grazas por construír na biblioteca durante unha hora un lugar seguro, de confianza, un lugar onde recoñecernos (no que fomos e no que somos) e aprender a compartilo. Non hai mellor definición do que debe ser hoxe unha biblioteca. 

24 de outubro de 2025

A loita contra as Fake News desde a nosa biblioteca. Contra a desinformación, bibliotecas!

 A situación actual de desinformación, bulos, noticias falsas é alarmante, pero hoxe no Día das Bibliotecas queremos poñer unha nota de humor. Pensamos que a labor dos centros docentes, en xeral, e das bibliotecas, en particular, acabará por dar o seus froitos e gañar a batalla.

 

A mellor cousa que podemos facer no día de hoxe é presentar unha selección de lecturas que nos axudarán a interpretar o mundo.
 



Xa sabedes, contra a desinformación, BIBLIOTECAS!

22 de outubro de 2025

Día das Bibliotecas: Contra a desinformación

 Nestes momentos semellan máis necesarias que nunca as bibliotecas. Resultan imprescindibles fontes fiables de información frente a ameaza de influencers, Tik-Tok e Fake News.

 Este venres, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas, unha data crave para poñer en valor a función esencial que estes espazos desempeñan na nosa sociedade. 

Unha orixe con memoria: ​por que o 24 de outubro?

 Esta celebración, impulsada pola Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura do Ministerio de Cultura, conmemora o tráxico incendio da Biblioteca de Saraievo en 1992, durante o conflito dos Balcáns. É unha homenaxe ao labor dos bibliotecarios e un recordatorio da importancia da defensa da cultura, a memoria e o acceso libre ao coñecemento. ​ Desde 2019, a celebración incorpora o lema xeral "Aptas para todos os públicos", ao que se suma un fío condutor temático que cambia cada ano. 

 O desafío de 2025: "contra a desinformación" 
 
 

 
 Nesta edición, o foco ponse nun desafío crucial do noso tempo: a loita contra a desinformación. Baixo o lema "Contra a desinformación: bibliotecas", destácase o rol de todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais) como diques de contención fronte ás fake news.

As bibliotecas non só combaten a desinformación a través das súas coleccións e bases de datos, senón, e sobre todo, grazas ao labor do seu persoal bibliotecario, que actúa como curador de contidos, ofrecendo apoio aos usuarios e ensinando a discernir fontes fiables e contrastadas.

A mirada de Laura Wächter: imaxe e mensaxe

Para dar imaxe a esta xornada, o Ministerio de Cultura contou co talento da ilustradora Laura Wächter. A súa capacidade para transformar conceptos complexos en imaxes claras e suxestivas convértea na elección ideal. A súa obra, que xoga coa contraposición entre o suave e o áspero, reflicte, sen dúbida, a capacidade da biblioteca para ofrecer luz e claridade nunha contorna de ruído informativo, reforzando a idea do acceso ao coñecemento como ferramenta de empoderamento.

24 de outubro de 2022

No día das bibliotecas abrimos as portas aos novos usuarios

 O mello xeito de celebrar o Día das Bibliotecas é recibindo na nosa biblioteca ao alumnado de 1º curso, para que coñezan a biblioteca e todos os servizos que lles pode ofrecer.

Moito por descubrir e facer aquí.




















25 de outubro de 2021

Celebramos o Día das Bibliotecas cunha intensa actividade

 Pensamos que non hai mellor xeito de celebrar o Día das Bibliotecas que enchela de usuarios. A nosa biblioteca tivo hoxe unha actividade "intensa", xa que o alumnado de FP Básica suou para resolver o enigma proposto a modo de "Scape Room" para coñecer os xéneros literarios.











Como non podería ser doutro xeito conseguiron atopar todas as respostas correctas e acadar o premio. A biblioteca da testemuña!

24 de outubro de 2020

Día das Bibliotecas: Xeografías lectoras

 Para celebrar o Día das Bibliotecas decidimos rescatar a nosa exposición "Volta ao mundo en 80 libros". Aproveitamos que o lema das bibliotecas escolares de Galicia é este ano "Xeografías lectoras" para recomendar lecturas que nos levan a viaxar polos cinco continentes, agora que as viaxes só poden ser virtuais e coa imaxinación.


Os libros son os instrumentos idóneos para chegar tan lonxe coma as súas páxinas nos permiten; son as ferramentas máis eficaces para coñecer outras ideas, descubrir novos horizontes e interpretar o mundo de xeito crítico e consciente.

Comenza a túa viaxe e nunca deixes de asomarte a novas lecturas, a novos mundos.