18 de decembro de 2017

Tarefas navideñas do club de lectura

Hoxe tivemos a sesión do Club de Lectura previa as vacacións de Nadal.




Entre lambadas variadas falamos, reflexionamos e debatimos se hai algo que importe na vida (relixión, familia, integridade física, virxinidade...). Todo grazas á obra "Nada" de Janne Teller. Unha proposta lectora que trouxo unha morea de opinións. Tamén é certo que agora o debate é máis doado por ser tan numeroso e diverso o noso club. Unha gozada!






Tamén aproveitamos para propoñer as tarefas para as vacacións de Nadal: gozar comendo e lendo, claro!



Á volta de Nadal, xa vos contaremos como nos foi devorando chuches e libros

9 de decembro de 2017

As nosas recomendacións lectoras para o Nadal

Xa é hora de escoller as túas lecturas para estas vacacións de Nadal. Aquí tes a nosa selección. Atoparás un pouquiño de todo: novelas, divulgación, banda diseñada, xuvenil...

Recorda que tes unha breve recensión de cada título do teu interese no noso blogue

LECTURAS NA LABORAL


3 de decembro de 2017

A nosa mesa está chea de novidades

Coma sabedes a nosa biblioteca pertece á rede PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares). Cada ano recibimos unha partida económica para renovar os nosos fondos. Sobre a mesa atoparedes as adquisicións deste ano. Esperemos que vos gusten. Hai un pouquiño de todo.








Coma sempre, podes atopar máis información sobre cada unha das obras no noso blog "Lecturas na laboral". Tamén podes seleccionar os fondos pola súa etiqueta ("xuvenil", "Humor", "Banda deseñada"...). Preme na imaxe e descubre todas as novidades e outros fondos que xa tiñamos na biblioteca.

https://lecturasnalaboral.blogspot.com.es/

27 de novembro de 2017

O noso Club de Lectura medra

Hoxe tivemos a segunda reunión do noso Club, cada día máis numeroso e diverso: alumnado de Ciclos, de Bacharelato, profesorado, persoal non docente... Encántanos!!

Comentamos "Marcas de nacemento" de Nancy Huston. Houbo, coma sempre, para todos os gustos: uns disfrutaron moito, outros horrizáronse coas personaxes, outros descubriron episodios históricos descoñecidos. O mellor, compartir experiencias lectoras ... e  o café, claro.

























E xa deixamos repartida a seguinte lectura: "Nada" de Janne Teller, un libro que nos vai a permitir desenvolver o lema deste ano das bibliotecas escolares: "Aprender a pensar coa BE". Os membros do Club recolleron con entusiasmo a proposta de reflexión e debate.

25 de novembro de 2017

A Laboral ponse de negro polo 25N

O alumnado do centro non desaproveitou a invitación do Concello para participar no acto de recordatorio do 25N, vestíndose de negro y deixando as súas mensaxes na árbore contra a violencia












A nosa árbore segue a medrar









22 de novembro de 2017

Cancións para o 25N

Aquí tedes unha selección de cancións, das que podemos escoitar cada día. Algunhas teñen letras que firen ás mulleres; outras, pola contra, dan voz ao problema do maltrato e aportan solucións


Todas quedarán expostas no hall e durante estes días teremos oportunidade de escoitalas. Toca reflexionar!

 




Preparando o 25N

Nunca esquecemos a necesidade de visibilizar a violencia de xénero no noso centro.

Ás veces, relaciónase a violencia co maltrato físico. Pero a violencia de xénero está presente de xeito moito más solapado no día a día de todas as mulleres.

Este ano quixemos visibilizar a discriminación e maltrato que se agocha detrás das letras das cancións de moda e dar a oportunidade de escoitar outras cancións que si teñen unha mensaxe positiva respecto a este tema.

Estes días tivemos no centro a exposición da Secretaría Xeral de Igualdade "Dille que non"




Hoxe preparamos as nosas árbores contra a violencia de xénero no hall do centro e na biblioteca para que cada un de nós deixe a súa mensaxe ou reflexión.