15 de maio de 2019

En maio, en galego

Na biblioteca celebramos o mes das Nosas Letras cunha selección de textos en lingua galega. Podes escoller tanto autores e autoras galegos como moitas obras da literatura universal traducidas á nosa lingua.

Hai para todos os gustos: banda deseñada, novela, ciencia, poesía... Non perdas a ocasión de gozar dunha boa lectura. En galego, claro.




As Nosas Letras

O alumnado de FP Básica preparou unha gran exposición, seleccionando na biblioteca unha obra de cada autor homenaxeado o día 17 de maio de cada ano. Fixeron tamén unha recensión da biografía e obra de cada autor ou autora (desgraciadamente estas últimas foron só 4 ao longo de todos estes anos).

Impresiona o traballo feito. Grazas por darlle visibilidade a tantos autores e a súa obra.












7 de maio de 2019

Novo portátil UBUNTU cedido ao alumnado

Outro alumno cun portátil UBUNTU!!! Samuel, do CS de Prevención de Riscos, coñecerá todas as posibilidades que ofrece Software Libre ao serlle cedido un dos portátiles UBUNTU que o @iesulaboral pon a disposición do alumnado.
A entrega do portátil UBUNTU foi realizada polo director Miguel Pena, xunto con María Moares, a súa titora, e Ricardo Baamonde, coordinador do equipo TIC.
Atréveste ti tamén co Software Libre?? 


Despedida do Club de Lectura

Onte tivemos a última reunión do Club para este curso para falar de La flor púrpura, de Chimamanda Adizie.

Houbo, coma sempre, opinións encontradas.


Fundamentalismo relixioso, relacións familiares, África, adolescencia... deron temas para o debate.

Para rematar algúns dos profes participantes fixeron as súas suxestións de cara ao verán


Á hora de propoñer lecturas foisenos un pouco a man e quedounos unha torre de posibles lecturas. Tanto por ler e compartir!!




Foi un pracer este grupo lector tan diverso. Ata o novo curso!!