23 de xaneiro de 2015

Xeografía: Ciencias Sociais ou Ciencias da Terra?

De novo abrimos a nosa biblioteca para escoitar unha ponencia moi interesante, a cargo de José Antonio Aldrey, sobre o auténtico enfoque que ten o Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio. Tradicionalmente a xeografía témola asociado as Ciencias Sociais, pero a exposición fíxonos ver as relacións que esta disciplina ten ca xeoloxía, a bioloxía e as ciencias da terra e medioambientais.





 

15 de xaneiro de 2015

Falando de bacterias na biblioteca

Continuamos cas charlas na biblioteca. 

O martes acompañounos a Dra. Ana Otero Casal, para impartir a conferencia "Cómo se comunican as bacterias" dentro do programa "A ponte" da USC.

Explicounos que as bacterias, como outros microorganismos, teñen a facultade de comunicarse entre si para establecer estratexias de ataque infectivo sobre os seus húespedes. Falou dunha liña de investigación que trata de anular ou interferir na devandita comunicación. Entre os potenciais beneficios desta investigación estaría a posibilidade de loitar contra as infeccións dos chamados "super bugs" (bacterias resistentes aos antibióticos), tratamentos en plantas de acuicultura, evitando a administración de antibióticos nas especies destinadas ao consumo humano... 


Cociñando estatística na biblioteca

O pasado luns, día12, recibimos a Rosa M. Crujeiras Casais da facultade de matemáticas de Santiago de Compostela que impartiu una charla co título "Curso de Cociña Estatística: receitas sinxelas noveis".
Cos datos como ingredientes, aprendimos a cociñar algúns métodos estatísticos que nos permiten entender mellor a contorna que nos rodea. Apoiándose en exemplos de datos reais (do municipio de Culleredo, de Galicia e de paraxes remotas) presentaronse distintas ferramentas para describir datos e facer predicións (aprendimos a predicir o futuro!).  Ao longo da charla, incidiuse na importancia da Estatística e na interpretación dos resultados estatísticos.







11 de xaneiro de 2015

Nadal 2014: Agasalla un préstamo

Nestes tempos de crise, o equipo da Biblioteca propúxose que todo o mundo poidese dar e recibir un bo agasallo de Nadal.

Mercamos papel, etiquetas e convidamos a alumnos, profesores e demais membros da comunidade educativa a pasar pola biblioteca para escoller unha lectura, unha película, un cómic que poidese gustar a ese alguén especial a quen queriamos agasallar cun detalliño de Nadal. Que mellor que un préstamo da nosa biblioteca primorosamente envolto?

As peticións foron tantas que case non dimos envolto todo a tempo!!

O último día antes das vacacións de Nadal os solicitantes e os agasallados pasaron pola biblioteca a recoller os seus préstamos. Resultou unha festa!!

Non conformes aínda, o equipo da biblioteca fixo os seus agasallos ao persoal de Conserxería e Administración e hasta fixemos de Papa Noel acudindo a facer as entregas polas aulas. Un xeito xenial de rematar o ano!!














Agora tocaba entregar os agasallos ao persoal de Conserxería e Administración...








E rematamos visitando as aulas!!






50 días de solidariedade: Entrega de alimentos e sorteo solidario

Recordamos agora os emocionantes momentos vividos na biblioteca antes de desfrutar das vacacións de Nadal.

Primeiro, fixemos entrega ao Banco de Alimentos de todo o recollido nestes días solidarios: 353 kg de alimentos, principalmente (como nos pediron) leite, cacao, cereais...





















Despois, tocou facer o sorteo solidario entre todos os que aportaron o seu kilo para o Banco de Alimentos. Grazas aos nosos patrocinadores (R.C. Deportivo, Yelmo Cines...) poidemos sortear entradas para o cine, entradas para un partido do Deportivo en Riazor e camisetas do 50º aniversario do noso IES