Amosando publicacións coa etiqueta exposicións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta exposicións. Amosar todas as publicacións

25 de maio de 2026

Visita guiada a exposición Lalique, na Fundación Barrié

 Unha vez máis organizamos unha visita guiada a exposición do maestro da arte da xoería René Lalique.

Quedamos abrumados pola exquisita mostra, que reúne importantes obras procedentes do propio Museo Lalique (Wingen-sur-Moder, Francia), do Museu Calouste Gulbenkian (Lisboa) e de coleccións privadas. A exposición presenta preto de 300 pezas, principalmente xoias e obras en vidro, xunto con debuxos e outros obxectos como espellos ou téxtiles.

Como cada exposición viaxamos cara a outros tempos e outros lugares.






 Agradecidas, como sempre, a Fundación Barrié e ao seu persoal experto que fai de cada visita un momento moi especial.

3 de decembro de 2025

Visita guiada á Fundación Barrié para coñecer a exposición sobre Álvarez de Sotomayor

 Un grupo de profesores do centro tivemos a oportunidade de coñecer en detalle a exposición organizada pola Fundación Barrié sobre a obra pictórica de Fernando Álvarez de Sotomayor.

 







 Un privilexio contar cunha institución tan preto que organice actividades dese nivel cultural, cunha organización impecable, sempre aberta a cidadanía.

Dinamización da Exposición de Enredadas no Cambio

 Aproveitamos a exposición sobre emprendemento feminino para traballar os valores de igualdade e o fomento do espíritu emprendedor co alumnado. 

Os alumnos e alumnas descubriron as historias de cada unha das protagonistas da exposición e valoraron o seu emprendemento como un éxito para elas, as súas familias e as súas comunidades. 






 Queda pendente para vindeiras sesións a visita de Sofía, unha das Mulleres Colleiteiras cuxa historia forma parte da exposición.

24 de novembro de 2025

Emprender, unha oportunidade. 25N







 No 25N enchemos o noso hall de historias positivas, de proxectos de emprendemento feminino, que permiten ás súas protagonistas saír de situacións de violencia ou vulnerabilidade económica, para reivindicarse como persoas libres e autónomas, para levar adiante os seus proxectos vitais, axudando ao mesmo tempo as súas comunidades. O emprendemento pode ser ferramenta de cambio, dando oportunidades para ser libres.

Queremos agradecer a colaboración de Taller de Solidaridad dentro do seu proxecto Enredadas polo Cambio, por cedernos a exposición e programar o obradoiro de dinamización da mesma para o noso alumnado.

 

12 de abril de 2024

O club de lectura visita a exposición "Deuses e heroes do barroco veneciano"

 O Club de Lectura aproveitou a oportunidade ofrecida pola Fundación Barrié de coñecer grandes obras do barroco veneciano.

Resultou unha viaxe de descubrimento da mitoloxía, os heroes e os deuses que protagonizaron as narrativas de artistas que, cun extraordinario talento creativo e unha inspiración exuberante, foron capaces de transmitir a poética barroca no ronsel da tradición pictórica veneciana. As 52 obras (34 pinturas e 18 libros datados entre os séculos XVI e XVIII) que compoñen a mostra forman parte da colección da Fundación Querini Stampalia.






Grazas ao noso guía escoitamos novas versións dos mitos, historias cheas de celos, amor, vingaza e pasións, xusto o que buscamos no noso club.


23 de marzo de 2023

Exposición sobre a pesca do cerco

 Desde a biblioteca tratamos de xestionar a posibilidade de que o noso alumnado teña acceso a diferentes exposicións do seu interese.

Esta vez contactamos con Acerga, a Asociación de Armadores do Cerco de Galicia ao ter sabido que ofrecen unha exposición itinerante de gran formato, moi acaída para o noso espazo de entrada e, por suposto, moi interesante para o alumnado dos Ciclos de Marítimo-Pesqueira.





Agradecemos moito a Acerga que personalizase a exposición co noso logo e a oportunidade de poder contar con esta exposición no noso centro.

19 de outubro de 2022

Preparando o Samaín

 Xa estamos ambientando o noso espazo para celebrar o Samaín. Contamos con ter moitas visitas os vindeiros días, xa que axiña comezan as sesións de formación de usuarios, así que temos unha boa selección de historias de medo. Podes coller o que queiras sempre que non teñas medo das arañas nin das bruxas.








25 de xaneiro de 2022

Regreso ao pasado coa Expo-Electronic

O alumnado non deixa de curiosear e descubrir aparellos extraodinarios na nosa exposición. A biblioteca segue a ser un espazo para aprender doutro xeito.