22 de decembro de 2020

Nadal Solidario e Boas festas

 Grazas a toda a comunidade educativa da Laboral este Nadal será mellor para moitas familias. O calendario solidario foi unha actividade moi gratificante e desde a biblioteca queremos agradecer a vosa xenerosidade e colaboración, tamén queremos dar as grazas ao centro por ter contribuído cunha importante doazón destinada a produtos de hixiene, limpeza e alimentos. Aquí está o resultado da recadación destes 11 días a favor do banco de alimentos Rías altas. Grazas de novo.

Bo Nadal!!














17 de decembro de 2020

Recomendacións literarias para o Nadal

  Desde a biblioteca queremos intentar fomentar a lectura entre todo o persoal do centro e sobre todo entre o noso alumnado e motivalo para que leven algúns libros de lectura este Nadal. Para iso por cada préstamo que se faga desde a biblioteca agasallamos cun marcapáxinas e uns doces de Nadal a todos os usuarios.

Adxuntamos algunhas das nosas recomendacións para amenizar estas datas e aproveitamos esta mensaxe para desexarvos a todos que pasedes unhas boas festas.
 





 

4 de decembro de 2020

A nosa árbore énchese de solidariedade

 Este ano decidimos construir unha árbore de Nadal chea de solidariedade.

De novo contamos co compromiso e axuda do alumnado do Ciclo de Mantemento de Instalacións Frigoríficas que se encargaron do deseño e montaxe da estructura.






Cada día os membros  da comunidade educativa imos completando o noso calendario solidario, enchendo as caixas preparadas co alimento correspondente ao día.









Este Nadal debemos ser máis solidarios ca nunca. Un paso máis para contribuir coa Axenda 2030.





1 de decembro de 2020

Giving Tuesday: colabora na nosa árbore solidaria

 Por fin pasou o ruido do Black Friday e do Cyber Monday e xa podemos dedicar o tempo ás cousas que importan. Este ano para celebrar o Giving Tuesday poñemos en marcha unha iniciativa solidaria co Banco de Alimentos Rías Altas.


Desde a Biblioteca do centro imos facer un "Calendario solidario" cuxa recaudación irá destinada ao banco de alimentos "Rías altas". A donación poderá efectuarse de dúas maneiras, poderase colaborar con alimentos ou ben con diñeiro.  A idea é que durante o mes de decembro estará exposta na entrada do instituto unha árbore con caixas,  cada día donaremos un tipo de alimento (por exempo, o día 1 café, o día 2 arroz...), ao día seguinte farase pública a cantidade de alimentos recaudados en función das donacións.

O sistema será o seguinte:

-para donar os alimentos haberá un depósito ao lado da árbore e poderase facer ao longo do día dentro do horario do centro.

-para donar diñeiro haberá que facelo na biblioteca dentro do seu horario ( de luns a xoves de 08:30 - 12:30 e venres de 08:30 - 12:10). Alí haberá unha hucha custodiada polo profesor de garda. Todo o que done cartos recibirá un boleto que se depositará nun recipiente ao lado da árbore e entrará nun sorteo semanal. Tendo en conta que hai alumnos e profesores que só teñen clase de tarde fixaranse dous días á semana nun horario determinado para facilitar as donacións (martes de 16:00 a 16:30 e xoves de 18:00 a 18:30). 

Os cartos recaudados serán destinados a alimentos que se levarán a "Rías altas" e será o persoal da biblioteca o encargado de mercalos e de poñelos xunto á arbore, toda a recaudación farase pública nas redes sociais para asegurar a transparencia da iniciativa.

 Este ano máis que nunca os bancos de alimentos necesitan da nosa axuda e nós coma centro educativo intentaremos pór o noso grao de area.








25 de novembro de 2020

As nosas máscaras berran Stopviolencia

 Coma cada 25N reivindicamos o dereito a vivir nunha sociedade libre de violencia. Consideramos que non hai mellor ferramenta para lograr este obxectivo que a educación.

Neste ano tan atípico no que non se recomenda berrar quixemos que as nosas máscaras levaran o lema #StopViolencia e berraran por nós.









24 de novembro de 2020

BibliotecasSTOPViolencia

A biblioteca do centro está preparada para o 25 de novembro. Entre os nosos fondos temos moitos textos para reflexionar sobre esta lacra social e como podemos facer para desterrala da nosa sociedade.










Obradoiro de Rap polo 25N

O alumnado de FPBásica participa nun obradoiro de RAP coa temática da violencia contra a muller. Moito que reflexionar ao ler os textos elaborados.