Amosando publicacións coa etiqueta inclusión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta inclusión. Amosar todas as publicacións

16 de marzo de 2025

Talentos inclusivos

 Recibimos a visita de varios usuarios de ASPACE e dúas das súas coidadoras a través do programa Talentos Inclusivos no que estamos a participar. Estiveron contándolle aos nosos alumnos de 1º de CB Electricidade e electrónica como era o seu día a día e a importancia para eles dos retos que están a traballar. O noso alumnado tivo a oportunidade de preguntarlles dúbidas e tamén aproveitamos para gravar un Podcast para a nosa Radio na Biblio.









 



 

25 de febreiro de 2024

O novo Espazo Maker en Talentos Inclusivos

 Non poidemos inaugurar de mellor xeito o noso novo Espazo Maker que acollendo aos usuarios de Aspace, destinatarios do traballo que se está desenvolvendo dentro do programa Talentos Inclusivos.

 O reto consiste en deseñar uns pulsadores que poidan ser útiles no día a día de persoas con parálise cerebral. O alumnado de FPBásica de Electricidade e Electrónica son os encargados de realizar a tarefa.

O mellor xeito de coñecer as necesidades dos usuarios é escoitar de primeira man as súas dificultades. 

Primeiro os participantes na actividade compartiron experiencias no espazo Maker.

 






A continuación pasamos a escoitar algúns dos retos diarios aos que se teñen que enfrentar as persoas con esta secuela cerebral. Entre o auditorio estaban tamén os alumnos e alumnas do Ciclo de Ensinanza e Animación Socio-Deportivas que teñen un módulo de Actividades Fisiodeportivas para a Inclusión Social, que xa traballan semanalmente con outros usuarios con discapacidade, da entidade Aspadisol.






 Grazas pola visita. Aprendemos moitas cousas de valor!







13 de abril de 2020

Os recursos da Laboral ao servizo do noso alumnado durante a crise do Coronavirus

As necesidades do noso alumnado cambiaron ante a obriga de continuar o proceso de ensino a través da teleformación. Algúns dos alumnos e alumnas non contaban cun equipo informático adecuado para desenvolver as tarefas e acceder aos recursos facilitados polo profesorado nas plataformas de formación virtual.

O equipo directivo decidiu desmantelar unha das aulas de informática do centro dotada de ordenadores portátiles e repartir os equipos entre o alumnado que o solicitara previamente.