Amosando publicacións coa etiqueta Arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arte. Amosar todas as publicacións

25 de maio de 2026

Visita guiada a exposición Lalique, na Fundación Barrié

 Unha vez máis organizamos unha visita guiada a exposición do maestro da arte da xoería René Lalique.

Quedamos abrumados pola exquisita mostra, que reúne importantes obras procedentes do propio Museo Lalique (Wingen-sur-Moder, Francia), do Museu Calouste Gulbenkian (Lisboa) e de coleccións privadas. A exposición presenta preto de 300 pezas, principalmente xoias e obras en vidro, xunto con debuxos e outros obxectos como espellos ou téxtiles.

Como cada exposición viaxamos cara a outros tempos e outros lugares.






 Agradecidas, como sempre, a Fundación Barrié e ao seu persoal experto que fai de cada visita un momento moi especial.

24 de maio de 2026

Premiados no noso concurso do Día das Artes Galegas

 Xa recibiron os seus agasallos os participantes premiados no concurso-homenaxe a José Suárez, que organizamos polo Día das Artes Galegas.

O primeiro premio foi para Paula López Mella, pola fidelidade a imaxe e o exquisito gusto na reproducción de todos os detalles.


 Aquí a tedes coa súa cámara instantánea Polaroid e un exemplar do libro editado pola Academia Galega das Artes en homenaxe a José Suárez.


 O segundo premio foi para a versión feita polo alumnado de 1º do Ciclo de Enerxías Renovables. O xurado valorou o traballo grupal e a reproducción da escena con bastante fidelidade. Todos os modelos máis o fotógrafo recibiron cada un deles dous vales para consumir na cafetería do centro.

 


 
 

Noraboa e grazas a todos os participantes!

7 de maio de 2026

Finalistas concurso de fotografía José Suárez

 Xa temos o vídeo resumo das nosas versións das fotografías máis icónicas de José Suárez, con motivo da celebración do Día das Artes Galegas. Dentro duns días o xurado dará a coñecer as persoas premiadas, pero tamén nos gustaría coñecer a túa opinión. Cal é a túa imaxe favorita?


 

17 de febreiro de 2020

Os ODS e as artes inspiran as nosas reivindicacións

Pensamos que calquera circunstancia, incluso as máis negativas, pode servir para traballar contidos e valores.

Á hora de defender a nosa singularidad, reivindicando a permanencia de todas as ensinanzas que se imparten actualmente no centro, consideramos que era unha boa ocasión para combinar arte e os obxectivos da Axenda 2030.

Deste xeito, estamos a facer "perfomance" inspiradas en grandes obras da pintura, escenas de película, carátulas de discos...

Recollemos as feitas ata agora, pero seguiremos!









6 de abril de 2017

Dalí e ciencia: visita a exposición

A exposición que nos acompaña este trimestre destaca a relación da obra de Dalí con outras moitas disciplinas: música, matemáticas, física...

Os alumnos de 1º de Bacharelato C visitaron a exposición e resolveron o cuestionario que acompaña á exposición




4 de febreiro de 2017

Biblioteca territorio das Artes: Exposición "Dalí e ciencia"

Este trimestre temos a pracer de disfrutar dunha exposición onde se relaciona as obras de Dalí con disciplinas en principio sorprendentes como a ciencia, as matemáticas, a física ou a música. Trátase dunha exposición que acadou varios premios no seu día e que conseguimos grazas a xestión dunha das súas autoras, hoxe no IES María Casares de Oleiros.






Temos un cuestionario moi completo e interesante para traballar os distintos carteis.

12 de xaneiro de 2017

A Fotografía: toda unha arte

Hoxe tivemos ocasión de coñecer moitas cousas sobre a luz e a fotografía, grazas á exposición de Adrián Iglesias, alumno de 2º do CS de Mantemento de Instalacións Térmicas. Adrián forma parte de unha asociación recén creada, Foto Acción Coruña, que gustan de fotografiar a noite, as estrelas, facer lightpainting...

Entre os asistentes moitos dos alumnos dos Ciclos de Marítimo-Pesqueira, xa que, ademáis de ter estudado no Ciclo o módulo de Astronomía, van ter ocasión de gozar durante a súa vida profesional de ceos cheos de estrelas, alonxados de todo foco de contaminación lumínica.






Logo de aprender un lote sobre o mellor momento para capturar o ceo azul da noite, facer fotografías circumpolares das estrelas... quedamos abraiados coa beleza das imaxes captadas coa súa cámara. Aínda máis cando nos explicou que as súas fotografías non tiñan tratamento dixital e que eran só resultado da paciencia para manter o tempo de exposición.



Animounos a aficcionarnos a unha actividade onde o respecto á natureza, a oportunidade de visitar lugares máxicos conxúganse co afán de experimentar.





Que mellor que rematar a charla facendo unha experiencia no salón de actos, coas luces apagadas e creando focos de luz coas pantallas dos nosos móbiles.




O resultado, espectacular

8 de xaneiro de 2017

Biblioteca territorio das Artes: A fotografía e a luz

O vindeiro mércores na biblioteca teremos ocasión de falar sobre a arte da fotografía, a súa técnica e como xogar coa luz para conseguir abraiantes imaxes do ceo nocturno. Que mellor que aproveitar a experiencia dun dos nosos alumnos do CS de Mantemento de Instalacións Térmicas que lles falará aos seus compañeiros de Bacharelato e Ciclos de Marítimo Pesquera sobre a mellor época do ano para fotografiar a vía láctea, o equipo necesario e o procesamento técnico para lograr a máis impactante imaxe.


23 de setembro de 2016

A biblioteca abre as súas portas

Xa estamos de volta. A biblioteca permanecerá aberta todolos días de 9:20 a 13:20. 

Aproveitamos para presentarvos o cartel e mais o lema das Bibliotecas Escolares para este curso, proposto dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.


Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).

Como vedes, moito por descubrir e gozar.

Esperamoste na biblioteca!! Pronto haberá novidades!!