A nosa homenaxe a Marjane Satrapi, na súa triste despedida. As súas obras sempre terán un lugar destacado nos nosos andeis.
A nosa homenaxe a Marjane Satrapi, na súa triste despedida. As súas obras sempre terán un lugar destacado nos nosos andeis.
Hoxe, da man de Susana Pérez Crespo e Taller de Solidaridad, tivemos ocasión de compartir unha charla con Sofía Vázquez Manzano, unha das cooperativistas de Mulleres Colleiteiras.
Coñecimos a historia de Sofía grazas a exposición que engalanou a entrada ao centro fai uns meses. Agora escoitamos en directo a forza da súa voz e a súa traxectoria vital: muller, xitana, vulnerable, cunha vida chea de dificultades, que encontrou no emprendemento o camiño para unha vida mellor.
Nunha hora Sofía puxo en valor a educación, a igualdade, a non discriminación, o respeto ao medio ambiente, cun discurso que deixou unha fonda pegada entre todos os que tivemos a sorte de escoitala.
Canto valor pode haber detrás dun obxecto tan simple como os funiles con que nos agasallou!
O mellor xeito de visibilizar o 8M é con exemplos de vida como o de Sofía. Grazas por ser un referente!
Compartimos este vídeo ilustrativo sobre esta mestra, un exemplo de innovación pedagóxica a quen pretendemos adicar o noso espazo Maker.
Como veredes está na entrada do centro unha pequena exposición con debuxos de recoñecidas mulleres no seu campo de traballo. Todas as láminas van acompañadas dun código QR que permitirá ao alumnado participar no concurso Quen é quen? buscando a información para dar resposta ao cuestionario.
O alumnado poderá participar pola súa conta ou os profesores/titores poderán baixar co seu grupo durante unha hora da súa clase.
1.- Deberán coller un cuestionario, cada un deles ten 5 preguntas e hai 10 modelos distintos.
2. Responderá ás pregunta e no mesmo papel indicará nome, apelidos, curso e ciclo así como un teléfono de contacto. E depositará as respostas na urna.
Poderán participar do 6/03 ao 14/03 e sortearemos unha tarxeta agasallo de Mediamarkt de 100€
O sorteo realizarase o venres, 15 de marzo duranto o recreo na biblioteca.
Deixamos unha pequena mostra das láminas seleccionadas, utilizando as imaxes dos libros "Mujeres de ciencia: 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo" e "Mujeres en el deporte: 50 intrépidas deportistas que jugaron para ganar", de Rachel Ignotofsky.
Cada ano aproveitamos o 8M para tratar de visibilizar ás nosas alumnas, máis escasas do que nos gustaría nos ciclos formativos que se imparten no centro.
Desta volta elaboramos uns paneis facendo a Natalia, Carmen, Andrea, Sara, Valentina, Vicky e Gala protagonistas e animando a outras rapazas a cursar os seus ciclos formativos.
Mulleres ao centro!
O vindeiro día 11 celébrase o Día da muller e a nena na ciencia e xa temos todo preparado na biblioteca para as actividades previstas.
Consideramos imprescindible visibilizar o rol que xogan as mulleres no ámbito ciéntifico e reivindicar os seus logros.
Podedes atopar máis información sobre este día neste enlace
Hoxe conmemoramos o Día do Inventor, coincidindo coa data de nacemento de Hedy Lamarr, recoñecida durante moito tempo só na súa faceta de actriz, pese aos seus logros no eido da informática. Foi a precursora do GPS e do sistema WIFI. Coma tantas outras mulleres os seus méritos quedaron esquecidos polos prexuízos machistas. Este pode ser un bo momento para reivindicar a súa figura e a de outras pioneiras que sufriron a discriminación e incluso a apropiación das súas ideas por parte dos seus colegas varóns.
Bótalle un ollo a Valerosas, de Pénélope Bagieu, onde atoparás a súa historia e a doutras moitas mulleres que foron sempre a contracorrente.
Tamén temos moitos outros fondos que axudan a coñecer o papel das mulleres na ciencia e en xeral en todos os ámbitos da sociedade.
Co gallo da celebración hoxe do Día das Mulleres Escritoras queremos facer unha listaxe de escritoras galegas e do seu pensamento. Convidámosvos a aumentar esta pequena presentación.
Despois de poñer a punto a nosa biblioteca con todos os protocolos necesarios para ser un lugar seguro, hoxe tocou abrir as portas!
O día non foi escollido ao chou, senon que quixemos celebrar o Día das Mulleres Escritoras do mellor xeito posible.