Seguimos aproveitando a Rula como recurso para traballar os curriculos dos Ciclos Formativos, desta volta tocoulle o turno ao Módulo de IPE I. O alumnado do CS de Prevención de Riscos Profesionais e o do CS de Ensinanza e Animación Sociodeportiva analizan as distintas prestacións da Seguridade Social. Seguro que aprendes cousas moi interesantes, escoita os podcast.
9 de xuño de 2026
4 de xuño de 2026
Día Mundial do Medio Ambiente
Celebramos o día mundial do medio ambiente cunha serie de podcast elaborados polo noso alumnado na Radio na biblio desde a perpectiva do módulo de Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo.
Rulando eses podcast!
8 de maio de 2026
Begoña Caamaño na Rula
O EDLG fixo unha investigación a partir da fotografía na que Begoña Caamaño aparece na delegación en Vigo da Radio Galega, xunto a Rosa Martínez. Ata descubrimos que disco é o que estaban programando. Escoita o noso podcast para saber máis cousas sobre Begoña Caamaño e as súas facetas como periodista, activista e feminista.
20 de abril de 2026
Día do Comic e do Tebeo
Pódcast con motivo do 17 de marzo, Día do Cómic e o Tebeo, gravado no CIFP Universidade Laboral (Culleredo).
María, docente e coordinadora do Club de Lectura do instituto,
presenta o programa; Nati, alumna e integrante do Club de Lectura, asume
a entrevista; e Hugo, alumno e usuario da biblioteca, comparte as súas
paixóns como lector ávido de cómics e tebeos.
O episodio combina relatos persoais, reflexións e suxestións sobre obras favoritas.
9 de abril de 2026
Probando, aprendendo, experimentando
Hoxe da man de Isabel Risco aprendemos a perder a vergoña e a soltarnos en público.
Empezamos co quencemento vocal e físico.
Aprendemos a facer paisaxes sonoros e rematamos co noso telexornal particular.
25 de marzo de 2026
Obradoiro de expresión oral na RULA
Este ano decidimos contactar con Isabel Risco, cunha longa traxectoria como atriz en televisión, teatro e radio (podedes picar no enlace para máis info). A súa proposta é ofrecer un obradoiro de expresión oral, para traballar a voz, a dicción e utilizar outros recursos sonoros para transmitir con éxito a nosa mensaxe. Utilizaremos a radio como ferramenta de traballo.
O obradoiro está previsto para o xoves día 9 de abril, de 15:30 a 19:30.
27 de xaneiro de 2026
Rosalía na nosa Rula (Radio na Biblio)
Comezamos a preparar a homenaxe a Rosalía gravando poemas desde a Radio, grazas a coordinación de EDLG.
3 de xuño de 2025
Castelao nas nosas ondas
Xa temos listo o noso audiolibro de Cousas, en homenaxe a Castelao, polo 75º aniversario do seu pasamento.
Agradecemos ao noso alumnado que nos cederan as súas voces, cos seus singulares acentos, para dar vida a este fermoso proxecto, onde conseguimos aunar Radio, lingua galega, biblioteca e comunidade educativa.
17 de marzo de 2025
A nosa RULA
Xa temos nome para a nosa Radio na Biblio. Escollemos RULA, un acrónimo de Radio Universidade Laboral que ten que ver co canto da rula e outros paxaros.Tamén nos gusta que recorde as lonxas de peixe, as que o centro está tan vinculado.
16 de marzo de 2025
Talentos inclusivos
Recibimos a visita de varios usuarios de ASPACE e dúas das súas coidadoras a través do programa Talentos Inclusivos no que estamos a participar. Estiveron contándolle aos nosos alumnos de 1º de CB Electricidade e electrónica como era o seu día a día e a importancia para eles dos retos que están a traballar. O noso alumnado tivo a oportunidade de preguntarlles dúbidas e tamén aproveitamos para gravar un Podcast para a nosa Radio na Biblio.
Seguimos dando forma aos nosos espazos Maker e Radio na Biblio
Pasiño a pasiño van tomando forma e lucindo máis os nosos novos espazos na biblio.
Mirade que portas máis vistosas quedaron:
16 de febreiro de 2025
Comezamos co noso proxecto na Radio: Audiolibro de Cousas, de Castelao
Pensamos que un xeito de celebrar o ano Castelao era empregar a nosa radio para gravar coa nosa comunidade educativa un audiolibro da súa obra Cousas.
Estes días arrancamos as gravacións co alumnado do Ciclo de Eficiencia Enerxética, na Modalidade a Distancia. Aproveitamos que acudiron a unha clase presencial para recoller as súas voces, algunhas delas procedentes de lugares moi alonxados, coma Montevideo.
Estamos impacientes por ver o resultado final!
Entrevistada de luxo na nosa Radio
Tivemos a sorte de recibir a visita de María Landeira, Delegada de Desenvolvemento de Enerxías Renovables de Naturgy Renovables, dentro do programa de Mulleres Enerxéticas da I Olimpiada da Enerxía organizada pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, da Universidade de Vigo.
O alumnado do Ciclo Superior de Enerxías Renovables non desaproveitou a ocasión para entrevistala na nosa Radio.
Foi unha inmellorable ocasión para que as nosas alumnas do Ciclo atoparan un referente feminino na súa futura profesión. Un bo xeito de celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia .
Formación na Radio
Este mes de febreiro estamos facendo formación intensiva na Radio, tanto profesorado como alumnado. Tivemos de todo, formación externa con Laboratorio de Radio e uns intensivos cursos internos por parte dos responsables da nosa Radio.
28 de xaneiro de 2025
O noso podcast de Prevención de Riscos Laborais
Conectamos a aula de IPE coa Radio na Biblio. O noso alumnado preparou un programa sobre Prevención de Riscos Laborais, para tratar de difundir os principios básicos en materia preventiva. Deixamos por aquí unha mostra do podcast realizado polo alumnado do Ciclo Medio de Navegación e Pesca Litoral. Escoitade! Son interesantes ata os anuncios promocionando EPI's...
21 de marzo de 2024
O falar non ten cancelas: Radio na Biblio
Hoxe inauguramos oficialmente a nosa Radio cunha proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Tratouse do concurso "O falar non ten cancelas", dirixido ao alumnado de FPBásica.
20 de xuño de 2023
Compartindo experiencias na Radio da Biblioteca
Algunhas compañeiras comezaron este curso a impartir os seus módulos de xeito colaborativo, integrando os resultados de aprendizaxe nun proxecto conxunto.

.jpeg)






.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)






























.jpg)

