24 de febreiro de 2016

Overbooking nos English Coffee

Esta semana comezaron as sesións de English Coffee na Aula de Traballo Colaborativo. Tivemos moitos profes e alumnos interesados en mellorar a súa competencia lingüística en inglés. Ademais pasamos un rato entretido descubrindo as aficións de cada un de nós.

Outro xeito de estar na biblioteca!
















20 de febreiro de 2016

Lucía Aldao e María Lado encheron de versos, música e humor a biblioteca

Para celebrar este "Febreiro de amor e versos", o pasado xoves, día 18, tivemos o pracer de contar coa presenza de Lucia Aldao e María Lado na Laboral.

Houbo tempo para reivindicar o uso do pronome átono, de cociñar uns versos de vinganza amorosa,  de gozar todos xuntos facendo poesía improvisada ou cantando un fermoso fado.

Quen dixo que a poesía non está de moda?

Podedes ver o ben que o pasamos nestas imaxes e vídeos





































Amor vincit omnia

Para recordar que este mes de febreiro adicámolo ao amor, os alumnos latín e grego de 2º de Bacharelato leron na biblioteca uns poemas de temática amorosa de distintos autores clásicos de Grecia e Roma (Horacio, Catulo, Safo, Arquíloco). Aínda que os poetas elexidos están lonxe no tempo (dende o século VII a.C ata o século I) resultáronlles moi cercanos aos alumnos, que comprenderon que o sentimento amoroso expresado nestes poemas é atemporal.

Deixamos unhas imaxes e tamén algún vídeo para que comprobedes por vós mesmos a actualidade destes versos





17 de febreiro de 2016

Comezo dos "English Coffee" na biblioteca

Xa temos organizadas as sesións de conversa en inglés. Se queres participar non tes máis que pasarte pola aula de traballo colaborativo e unirte ao grupo.

Este é o horario provisional. A reunión de presentación será o martes, día 23, no recreo das 12:10. Anímate a participar!!


13 de febreiro de 2016

Febreiro de amor e poesía

Aproveitando estes días fríos, pásate pola biblioteca para escoller unha lectura ou unha película para vivir unha intensa relación... Atoparás historias apaixonadas, tráxicas, clásicas ou contemporáneas. O amor enche o mundo e o noso mostrador.


Ata temos en liña a Lope de Vega!!

Que expresa mellor o sentir amoroso que a poesía? A música, puidera ser... Pois tema resolto: o xoves 18, Lucía Aldao e María Lado traerán os seus versos e a súa música. E, por suposto, non faltará o humor.


4 de febreiro de 2016

Tomando medidas aos libros que falan de ciencia

Os alumnos de 2º de Bacharelato tiveron ocasión de comprobar o peso específico, tamaño e volume de moitos dos libros divulgativos que se poden atopar na biblioteca. Cada un deles escolleu unha lectura cunha temática científica.



Aproveita ti tamén para collerlle a medida á ciencia. Aquí tes unha selección