Amosando publicacións coa etiqueta Club de Lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club de Lectura. Amosar todas as publicacións

16 de xuño de 2026

Xornada compartida co Club de Lectura do IES Blanco Amor na Illa de Tambo

 Un ano máis compartimos viaxe co club de lectura do profesorado do IES Blanco Amor de Culleredo. O noso destino este ano foi a Illa de Tambo e a icónica localidade de Combarro. 








Unha forma xenial de rematar o ano lector do noso Club. 

2 de xuño de 2026

A última frase, na última sesión do Club

 A obra de Camila Cañeque non podía resultar máis acaída para pechar o noso Club.

 





 

Comezamos co café...

Seguimos falando de libros...




E a mesa rematou, coma sempre, chea de autores e títulos que foron saíndo na conversa.


Para poñer fin á sesión tratamos de establecer o podium das mellores lecturas do ano.





Cada un escolleu unha lectura favorita diferente: A última frase, A vexetariana, Os ingratos, As alumnas...

Quixemos pechar o círculo voltando a escribir unha nova palabra no cartón da primeira sesión.



Voltaremos a compartir, respirar, aprender, debater o vindeiro curso! Bo verán!

21 de abril de 2026

A sesión máis especial do Club de Lectura

 Hoxe tivemos o privilexio de que nos acompañara Paula Carballeira para comentar con ela a súa obra, As alumnas.

Foi unha ocasión única para compartir a experiencia lectora e mesmo a experiencia docente.

Fixemos un pequeno dossier para a súa presentación.


 



Pero realmente a sesión non precisaba de guión previo, xa que Paula coa súa forza expresiva conseguiu captar a atención de todos os asistentes.
 


 
A conversa levounos a falar de educación, igualdade e memoria. 
Pouco a pouco a narración oral acaparou o interese xeral, ata rematar a sesión cun conto de mortos... ou non tanto, pero que recolle con humor moitos dos ingredientes que fan que as historias pasen de boca en boca.
 



As fotos recollen claramente que a sesión foi unha festa da palabra.
 
Grazas pola visita, Paula! 

 

 




Paula Carballeira visita o Club de Lectura

 


Este martes temos sesión do Club máis esperada do ano, a visita de Paula Carballeira. Quedades convidados, Vinde!

19 de marzo de 2026

A nostalxia invade o noso club de lectura: Os ingratos

 A lectura de "Los Ingratos", de Pedro Simón, fixo rememorar aos membros de máis idade do club tempos pasados, costumes perdidas, sabores e olores da infancia.

O alumnado participante gozou da lectura e das "batallitas" do profesorado. Todos coincidimos en que ás veces non somos todo o agradecidos que debéramos con aqueles que tanto se sacrificaron, ou como o tempo fai esquecer relacións de amizade que deixamos morrer por estes tempos apresurados. O contraste entre o mundo rural dos anos setenta o a vida urbanita actual é clamoroso.

Deixamos por aquí os materiais para a sesión. 

 







Tamén buscamos que a sobremesa que acompañase esta lectura fora un doce tradicional, dos que as avóas preparaban con mimo, unhas boas "torrijas".



 

25 de febreiro de 2026

O Club de Lectura viaxa xunto "Os Caravanistas"

 Este mes quixemos cambiar de rexistro, deixar o drama e pasarnos a unha obra máis humorística, aínda que non exenta de crítica social, Os Caravanistas, de Elizabeth von Arnim. A obra pon en boca do protagonista todos os estereotipos de xénero e descubrimos como as mulleres foron conquistando unha nova posición, máis xusta. 

 






A nosa mesa, chea de títulos como "Os homes explícanme cousas", de Rebecca Solnit e outras lecturas sobre feminismo e igualdade.
 


A sobremesa, ambientada no Entroido.



27 de xaneiro de 2026

Un mundo de fantasía no noso Club de Lectura

 Da man da obra Piranesi, de Susanna Clarke, fixemos a enorme descuberta do xénero da fantasía, todo un territorio ao que moitos dos membros do Club non chegaran antes.

Tivemos opinións para todos os gustos, houbo que non entrou no mundo de Piranesi e quen paseo con el polas salas e xogou cas súas mareas.

A sesión deu para falar da identidade, da memoria e da busca da transcendencia. Aí é nada!