Neste día toca recordar a importancia da muller en todos os ámbitos e tratar de reivindicar a labor de moitas mulleres que quedaron no inxusto esquecemento.
Un exemplo: Cando se lembra á Xeración do 27, veñen á memoria nomes excepcionais do mundo das letras e as artes. Pintores, escritores, poetas, dramaturgos, que legaron á historia do noso país, obras inmortais. Pero foron soamente homes os que demostraron as súas magníficas capacidades artísticas? A resposta é contundente. Non. Xunto a nomes como Machado ou Dalí, Gil Roësset, Zambrano ou Chambourcín, foron figuras destacadas daquela Xeración que ao ser rescatada despois da ditadura, esqueceuse inxustamente das figuras femininas. "As Sinsombrero" rescata do esquecemento a unhas mulleres que conviviron
coas grandes figuras da Xeración do 27. Mulleres que non foron
simplemente as súas compañeiras, as súas esposas ou as súas amigas.
Foron moito máis. Foron artistas que se situaron á mesma altura que
eles. E eles admiráronas. Aínda que non sempre lles deron o
recoñecemento público que se mereceron.
As mulleres que conforman As Sinsombrero son pintoras como Margarita
Manso, Maruja Mallo ou Ángeles Santos; escultoras como Marga Gil
Roësset; escritoras da talla da filósofa María Zambrano ou María Teresa
León; poetas que crearon fermosos versos, como Rosa Chacel ou Ernestina
de Champourcín.
Otros recursos:
Cine en Feminino. (IES San Paio-Tui)
A muller na Guerra Civil (IES San Paio-Tui)
Bocas seladas. (IES Xoán Montes-Lugo)