Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

27 de maio de 2026

Escape Room polas Letras Galegas

 En colaboración co EDLG organizamos un Scape Room na biblioteca ao redor da figura de Begoña Caamaño no que participaron varios grupos de FP Básica e Ciclos de Grado Medio.

 







 

8 de maio de 2026

Begoña Caamaño na Rula

 O EDLG fixo unha investigación a partir da fotografía na que Begoña Caamaño aparece na delegación en Vigo da Radio Galega, xunto a Rosa Martínez. Ata descubrimos que disco é o que estaban programando. Escoita o noso podcast para saber máis cousas sobre  Begoña Caamaño e as súas facetas como periodista, activista e feminista.






11 de xuño de 2025

Letras Galegas

 Con case un mes de retraso publicamos por aquí a homenaxe as Cantareiras que se fixo no centro, grazas ao equipo de Dinamización da Lingua Galega, que botaron man dos recursos do noso Espazo Maker para facer unhas fachendosas pandeiretas.








16 de maio de 2023

19 de maio de 2022

Día das Letras na Laboral e recordo a Domingo Villar

 Cada día é o día das nosas letras. Na biblioteca tes moitas propostas para ler en galego.









Esta semana resultou tinguida de tristura polo falecemento de Domingo Vilar, que nos fixo viaxar con Leo Caldas polo seu Vigo natal. Moito ten feito polo idioma, por lograr que miles de persoas leran en galego sen pestanexar e sen respiro, esperando a seguinte páxina. Grazas por todo! A nosa mellor homenaxe será recomendar sempre as súas obras. Boa viaxe, Domingo, que o mar che sea leve.




6 de maio de 2021

Exposición Letras Galegas

Xa temos na nosa biblioteca a exposición para as Letras Galegas que este ano están adicadas a Xela Arias, tratamos de resaltar as diferentes facetas da escritora, a Xela vencellada á poesía, a Xela xornalista e a Xela como compositora de cancións para o grupo de rock Desertores

Xela é unha das voces máis destacadas da poesía galega e aborda na súa obra a afirmación do corpo feminino, a perspectiva de xénero e a busca de novos espazos para a poesía. Con esta exposición sumámonos á súa homenaxe.
















6 de xuño de 2019

Entrega de premios aos gañadores do Concurso Galifoto

Aquí tedes aos gañadores do concurso de fotografía promovido polo Equipo de Dinamización de Lingua Galega. Recibiron o seu diploma de mans de membros do EDLG, do departamento de Lingua Galega e do equipo da biblioteca.








15 de maio de 2019

En maio, en galego

Na biblioteca celebramos o mes das Nosas Letras cunha selección de textos en lingua galega. Podes escoller tanto autores e autoras galegos como moitas obras da literatura universal traducidas á nosa lingua.

Hai para todos os gustos: banda deseñada, novela, ciencia, poesía... Non perdas a ocasión de gozar dunha boa lectura. En galego, claro.




As Nosas Letras

O alumnado de FP Básica preparou unha gran exposición, seleccionando na biblioteca unha obra de cada autor homenaxeado o día 17 de maio de cada ano. Fixeron tamén unha recensión da biografía e obra de cada autor ou autora (desgraciadamente estas últimas foron só 4 ao longo de todos estes anos).

Impresiona o traballo feito. Grazas por darlle visibilidade a tantos autores e a súa obra.