Amosando publicacións coa etiqueta Mulleres Escritoras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mulleres Escritoras. Amosar todas as publicacións

21 de abril de 2026

A sesión máis especial do Club de Lectura

 Hoxe tivemos o privilexio de que nos acompañara Paula Carballeira para comentar con ela a súa obra, As alumnas.

Foi unha ocasión única para compartir a experiencia lectora e mesmo a experiencia docente.

Fixemos un pequeno dossier para a súa presentación.


 



Pero realmente a sesión non precisaba de guión previo, xa que Paula coa súa forza expresiva conseguiu captar a atención de todos os asistentes.
 


 
A conversa levounos a falar de educación, igualdade e memoria. 
Pouco a pouco a narración oral acaparou o interese xeral, ata rematar a sesión cun conto de mortos... ou non tanto, pero que recolle con humor moitos dos ingredientes que fan que as historias pasen de boca en boca.
 



As fotos recollen claramente que a sesión foi unha festa da palabra.
 
Grazas pola visita, Paula! 

 

 




17 de decembro de 2025

Lemos unha autora premio Nobel no noso Club

 Quixemos elevar o nivel de esixencia lector abordando a obra de Han Kang, "A vexetariana", unha obra complexa e con moitos matices e que da lugar a diversas interpretacións.

O dossier preparado para a ocasión e sobre todo as galletas facilitaron moito a sesión e o debate. Temas como a discriminación, a comunicación, a violencia, a liberdade individual estiveron no centro da sesión.

 


 




 










 Como sempre a nosa mesa quedou chea doutras propostas de literatura coreana.

13 de maio de 2025

Quen é o asasino? O noso Club atopa o culpable da man de Arantza Portabales

 

 

 

No noso clube non houbo ningún asasinato, pero si que falamos dalgún que outro crime con Arantza Portabales. Ademais de interrogar a autora como se fósemos inspectores ou a Gestapo, falamos de temas tan importantes como os coidados ou o poder do diñeiro e estivemos a opinar sobre as portadas de Asasinato na casa rosa. Foi moi interesante aprender sobre o proceso creativo e de escritura da autora e entender como xurdiron as súas personaxes. 

 




 Cos detalles vivencias que nos contou, comprendemos moito mellor a obra, pero non somos quen de entender como é que a autora ten tempo para escribir.
 
 







 

18 de outubro de 2021

Celebramos o Día das Escritoras

 Inauguramos as nosas exposicións enchendo os andeis de mulleres e a súa obra. Temos para escoller: poesía, narrativa, ensaio... Mulleres diversas con ópticas femininas.












19 de outubro de 2020

Axúdanos a completar a listaxe de mulleres galegas escritoras

 Co gallo da celebración hoxe do Día das Mulleres Escritoras queremos facer unha listaxe de escritoras galegas e do seu pensamento. Convidámosvos a aumentar esta pequena presentación.



Abrimos as nosas portas celebrando o Día das Escritoras

 Despois de poñer a punto a nosa biblioteca con todos os protocolos necesarios para ser un lugar seguro, hoxe tocou abrir as portas!

O día non foi escollido ao chou, senon que quixemos celebrar o Día das Mulleres Escritoras do mellor xeito posible.