Amosando publicacións coa etiqueta Solidariedade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Solidariedade. Amosar todas as publicacións

22 de xaneiro de 2026

Entrega da recaudación solidaria ao Banco de Alimentos de A Coruña

 






Acto oficial de entrega da recaudación solidaria a favor do Banco de Alimentos de A Coruña. Manuel Mora, o seu Presidente, xunto co equipo de voluntarios de centros educativos, visitaron A Laboral. Mostráronse moi agradecidos pola donación de 3650€, recaudados grazas ao mercado solidario e demais actividades de Nadal organizadas conxuntamente entre CIFP Universidade Laboral e a Sección de Culleredo da EOI. Tamén tivemos ocasión de coñecer as dificuldades para facer chegar os recursos necesarios a tanta xente en situación de vulnerabilidade.

17 de decembro de 2025

Éxito do mercado de Nadal

 Pasado o ecuador da semana estamos moi satisfeitas da acollida do noso mercado, xa que tanto as rifas como a mercancía tiveron un éxito de ventas e estamos preto de alcanzar os 3000€ de recaudación! Marabilla!

 






 

12 de decembro de 2025

Preparando o noso mercado solidario de Nadal

 Todo preparado para inaugurar o luns día 15 o noso Mercado Solidario de Nadal, organizado en colaboración coa sección da EOI de Culleredo. Poderás atopar libros, roupa e todo tipo de agasallos, moitos deles feitos a man ou elaborados no Espazo Maker da biblioteca do centro. Recorda que ten un fin solidario e que todo o recaudado será para o Banco de Alimentos Rías Altas








 Estaremos toda a semana cun amplo horario de apertura! Agardamos a túa solidariedade.

3 de decembro de 2025

Giving Tuesday: Almorzo Solidario

 Para contrarrestar o peso que hoxe en día provoca o Black Friday, co seu consumismo desbocado, quixemos que o noso alumnado celebrase o Giving Tuesday, un día para a solidariedade.

Organizamos un almorzo solidario, onde profesorado e alumnado trouxeron doces elaborados coas súas mellores receitas e no recreo organizamos un posto de venda solidario. Resultou unha actividade moi gratificante, rodeada de propostas lectoras, cunha exposición organizada segundo o fío dun buffet literario, con obras de cociña tradicional (clásicos), novelas de Street Food (para devorar sen pausa), Cociña de Kilómetro Cero (obras galegas) e outras moitas propostas.

 O recaudado cos doces e a ruleta solidaria irá íntegramente para o Banco de Alimentos Rías Altas.










 













5 de maio de 2025

Libros que alimentan: Mercado solidario

 Deixamos unha mostra de imaxes do noso mercado solidario. Estamos moi satisfeitas do resultado xa que acadamos unha recaudación de 741,65€ que irán íntegramente destinados ao Banco de Alimentos Rías Altas.







 

22 de abril de 2025

Todo preparado para o noso mercado solidario

 Xa temos todo listo para o mercado de libros de segunda man. Xa sabedes que o recaudado vai para o Banco de Alimentos Rías Altas.

 



 

1 de abril de 2025

Preparando o Día do Libro: Mercado de segunda man

 Decidimos dar unha segunda oportunidade aos libros que todos temos na casa, xa lidos, e organizar un mercado de libros de segunda man o día 23 de abril.

Deste xeito os libros viaxarán cara a outros lectores e nutrirán as súas lecturas. O recaudado coa venda irá destinado ao Banco de Alimentos Rías Altas.

 


 

 




16 de marzo de 2025

Talentos inclusivos

 Recibimos a visita de varios usuarios de ASPACE e dúas das súas coidadoras a través do programa Talentos Inclusivos no que estamos a participar. Estiveron contándolle aos nosos alumnos de 1º de CB Electricidade e electrónica como era o seu día a día e a importancia para eles dos retos que están a traballar. O noso alumnado tivo a oportunidade de preguntarlles dúbidas e tamén aproveitamos para gravar un Podcast para a nosa Radio na Biblio.