30 de setembro de 2019

Falando do ODS nos English Coffee

Hoxe comezaron os English Coffee coa axuda do noso auxiliar de conversa, Jon.


Aproveitamos a ocasión para presentar os ODS. Queda moito por dicir e facer!


Se asistes a seis sesións acadarás o agasallo sorpresa! Lembra selar a túa tarxeta



25 de setembro de 2019

English Coffee na biblioteca

Volven os nosos English Coffee! Se queres mellorar o teu nivel de inglés e pasar un rato divertido e diferente ven á biblioteca nos recreos. Jonathan, o noso auxiliar de conversa, estará esperando por ti para compartir charla e galletas.



Aquí tes o horario. Escolle o que máis te conveña.


Ademáis, se participas en 6 sesións acadarás un premio sorpresa.


23 de setembro de 2019

ODSéate. Á axenda 2030 conta contigo

Coñeces os Obxectivos de Desenvolvemento Ssustentable?

Pica na imaxe para saber máis

 Resultado de imagen de objetivos sostenibles

O IES Universidade Laboral e a Biblioteca, en particular, queremos contribuir para difundir á Axenda 2030 e acadar os seus obxectivos. Para comezar unímonos á campaña #ODSéate, para conmemorar que o 25 de setembro de 2015, 193 países comprometémonos cos 17 OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE de Nacións Unidas e o seu cumprimento para o ano 2030. Os obxectivos perseguen a igualdade entre as PERSOAS, protexer o PLANETA e asegurar a PROSPERIDADE como parte dunha nova axenda de desenvolvemento sustentable. Un novo contrato social global que NON DEIXE A NINGUÉN ATRÁS.

Todos temos moito que facer! Non hai tempo que perder!


19 de setembro de 2019

A biblioteca prepárase para abrir portas e fiestras

Xa é tempo de novas lecturas, novas experiencias e de encher de luz e vivencias compartidas a nosa biblioteca. En poucos días abriremos as portas!!