8 de xuño de 2018

Participamos no I Encontro dos Clubs de Lectura do AMAC: Eu son deste Club

 

Non queremos deixar pasar a ocasión de agradecer as Bibliotecas Municipais de A Coruña que nos convidasen a compartir con eles unha tarde tan especial xunto ao gañador do Premio Nadal Alejandro Palomas.

 

Máis de 80 clubs da cidade e a súa contorna deleitámonos escoitando a un autor con tanto que contar, falando de lecturas compartidas. A sesión estivo chea de sorpresas (os versos de Dores Tembrás, a música e a voz de Black...)

 


 

Para nós foi un recordatorio de que o verdadero motor dos Clubs son os lectores e a súa forza. Un pracer poder levar ás nosas alumnas de Ciclo Medio de Pesca, que non dubidaron en facer moitos kilómetros, despois dunha xornada de prácticas de FCT, e non cansaban de afirmar que lles pagara moito a pena o esforzo con todo o que gozaron desta festa.

Un luxo esta rede lectora da cidade.

Non pode rematar mellor este ano de Club de Lectura!