28 de marzo de 2017

Discapacidade e integración: Manuel Esteban no noso Club de Lectura

O noso Club de Lectura ten prevista unha nova sesión o vindeiro luns, 3 de abril, para recibir a Manuel Esteban autor da novela "A ira dos mansos" galardoada co Premio Xerais de Novela 2016.

A temática de fondo desta obra (a discapacidade e a integración) ten especial interese para nós, xa que os nosos alumnos do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas colaboran co centro Aspadisol (Asociación de Padres de Discapacitados Psíquicos de Oleiros), recibindo aos seus usuarios nas nosas aulas todas as semanas para desenvolver o módulo de actividades físicas para persoas con discapacidades.

O luns teremos ocasión de escoitar as voces do autor (cuxo fillo ten síndrome de Down), xunto coa directora de Aspadisol, dúas profesionais do Centro Alere de Psicoloxía e Logopedia e tamén participará algunha familia. Todos eles tratarán de trasladarnos as dificultades que cada día atopan estas persoas para integrarse de pleno dereito nunha sociedade que se mostra de costas, moitas veces por simple descoñecemento da súa realidade.

Sirva de exemplo moi significativo este video

Igualmente queremos agradecer ás Bibliotecas Municipais de A Coruña a cesión temporal de fondos para ilustrar esta temática na nosa biblioteca.



23 de marzo de 2017

Novo horario da biblioteca e dos English Coffee

Este trimestre ampliamos o noso horario. Agora tes a biblioteca á túa disposición todolos días en horario completo de mañá e ás tardes de luns a xoves






Tamén modificamos o horario dos English Coffee. Escolle a franxa do teu interese



21 de marzo de 2017

Suso Lista enche a nosa biblioteca de historias

Hoxe recibimos na Laboral a visita de Suso Lista. Na biblioteca esperábano os alumnos dos Ciclos de Marítimo Pesqueira e algúns dos de Bacharelato.





A desculpa eran os seus libros de relatos "Salseiros" e "Xeixos", que falan do mar, da vida dunha vila coma Corme, pero que podería ter sido calquera outra de Galicia.



Aquí queda unha mostra dos seus relatos e de coma tiña envelesados aos asistentes


<

Pero o mellor foron as súas recomendacións animando á lectura,  a descubrir nos libros outros horizontes. Compartiu con nós a súa propia experiencia coma mariñeiro e da vida no barco, onde os libros foron a vía de escape para os longos días no mar. Falounos da emoción e orgullo de ter sido un alumno da Laboral e hoxe sentarse da outra banda, para impartir leccións como autor dos seus relatos. 

Non se cansou de insistir aos rapaces que foran cidadáns críticos, que non aceptaran o que publican sen máis os medios, que contrastaran, que buscaran a verdade e que se comprometeran. Aproveitou para recordar outros tempos máis reivindicativos e traernos á memoria a loita da Laboral no conflicto das Encrobas, do que se cumpren agora cuarenta anos.

Neste video queda recollido parte do seu relato






Agradecemos moitísimo a Suso que viñera e non puidemos menos que agasallalo coa litografía que fixemos con motivo do noso cincuenta aniversario.





Por suposto, tamén houbo tempo para reivindicar a nosa lingua, e Suso rematou participando na actividade organizada polo EDLG do centro.


Nos exemplares das súas obras quedounos a súa sinatura, coma recordo do día



15 de marzo de 2017

Suso Lista visitará a nosa biblioteca o vindeiro día 21

Xa estamos preparando a visita de Suso Lista e desexando escoitar as súas historias co sabor do mar do Roncudo.

O polifacético autor (tamén percebeiro, actor, locutor, guionista...) falará dos seus libros "Salseiros" e "Xeixos", pero a cousa promete non quedar aí. Seguro que tamén hai tempo para recordar algunha aventura dos tempos nos que foi alumno da Laboral.



8 de marzo de 2017

Día da Muller Traballadora: Moito camiño por percorrer


Hoxe é un día para reflexionar sobre o longo camiño que queda ata lograr a plena igualdade entre homes e mulleres.

Nas redes atopamos testimonios sobre "micromachismos" que as mulleres sufren a diario.





Se picas na imaxe poderás ler o artigo de Rosa Montero (unha das mulleres cuxa fotografía forma o collage) publicado no diario "El Pais", titulado "El problema de llamarse Jennifer".


http://elpais.com/elpais/2015/11/18/eps/1447847803_600428.html


Chámanos moito a atención a recopilación de cartaces recollidos do blogue "Trafegando Ronseis", onde para conmemorar o Día da Muller, preséntase con todos os estereotipos do rol feminino (guapa, consumista, sexi...). Picando na imaxe atoparás todos os cartaces que nunca deberon ser.

https://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2013/03/os-peores-cartaces-do-8-de-marzo.html
Para rematar unha triste visual ao mapamundi para ver en que poucos lugares unha muller foi algunha vez Xefa de Goberno ou de Estado. Picando accedes a máis información.

http://internacional.elpais.com/internacional/2017/03/07/actualidad/1488879380_710686.html

Na biblioteca, un pequeno recordatorio do papel da muller na ciencia, nas artes e nas letras