21 de decembro de 2021

Rebobinamos con JuanTallón a lectura de Rewind

 Se todas as sesións do Club de Lectura son das mellores experiencias na vida cotiá da biblioteca, a de onte quedará no noso recordo como un día especial, xa que Juan Tallón conquistounos coa súa espontaneidade, a súa altura intelectual e a súa naturalidade. 

Tivemos ocasión de ir adiante e atrás na súa novela Rewind para reflexionar sobre o azar, a fraxilidade do ser humano e a mesmo tempo a súa fortaleza.






Un privilexio poder ofrecer ao noso alumnado estas oportunidades. Grazas infinitas a Juan Tallón por ser tan xeneroso con nós.


19 de decembro de 2021

Xa temos un propósito para o Aninovo: o noso compromiso solidario

 Que mellor que esperar o Aninovo con novas metas que alcanzar e novos compromisos que levar adiante.

O resultado da enquisa realizada co gallo do GivingTuesday foi o seguinte:


Así que cando o tempo acompañe escolleremos o espazo onde realizaremos a limpeza de plásticos e outros residuos.

Benvido 2022! Moito por facer!

16 de decembro de 2021

As nosas recomendacións de Nadal

 Xa chega o Nadal, as vacacións, o tempo de lecer, o tempo de agasallar con lecturas cheas de humor, medo, aventuras, amor, tenrura.

Aquí a nosa árbore chea de recomendacións. Esperamos que vos enchan de bos momentos.




14 de decembro de 2021

Árbore solidaria

 


Desde a Biblioteca do centro imos facer un "calendario solidario" cuxa recadación irá destinada ao banco de alimentos "Rías altas". A donación poderá efectuarse de dúas maneiras, poderase colaborar con alimentos ou ben con diñeiro.  A idea é que cada día donaremos un tipo de alimento (por exempo, o día 9 café, o día 10 arroz...), ao día seguinte farase pública a cantidade de alimentos recadados en función das donacións.

O sistema será o seguinte:

-para donar alimentos (os que se queira) haberá un depósito ao lado da árbore e poderase facer ao longo do día dentro do horario do centro.

-para donar diñeiro haberá que facelo na biblioteca dentro do seu horario ( de luns a venres de 08:30 a 14:00  e luns de 16:30 - 19:45). Alí haberá unha hucha custodiada polo profesor de garda. Todo o que done cartos recibirá un boleto que se depositará nun recipiente ao lado da árbore e entrará nun sorteo que se fará publicamente o día 20.

Os cartos recadados serán destinados a alimentos que se levarán a "Rías altas" e será o persoal da biblioteca o encargado de mercalos e de poñelos xunto á arbore, toda a recadación farase pública nas redes sociais para asegurar a transparencia da iniciativa.

Agradecemos especialmente ao alumnado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais pola súa axuda na montaxe.







3 de decembro de 2021

Proxectos empresariais no módulo de EIE comprometidos co 25N

 O compromiso contra a violencia chega ao alumnado do módulo de EIE, que deseñan accións de Responsabilidade Social Corporativa ligadas a loitar contra esta lacra.

As súas propostas están sendo recollidas neste padlet:



Hecho con Padlet