30 de outubro de 2020

Samaín e xeografía de lendas e contos

 Estas datas son especialmente propicias para recordar as contos tradicionais que sempre escoitamos na nosa familia. Aproveitamos a oportunidade de compartir co noso alumnado de FP Básica as historias de tradición oral dos seus respectivos países de orixe: Colombia, Santo Domingo, Alemaña, Brasil...







Coidado coa Santa Compaña! Non sabemos se cumprirá as normas de confinamento!

O máis aconsellable é que busques un bo amuleto da sorte. Que tal se escolles algo da nosa exposición? Temos lecturas de medo e de terror para esquecer estes días tan escuros que nos tocan vivir en primeira persoa.






27 de outubro de 2020

Semana da Alfabetización Mediática e Informacional

  Para traballar a proposta da UNESCO e celebrar a semana AMI propuxemos montar un programa de televisión no módulo de Comunicación e Sociedade cos alumnos de 1º e 2º de FPB. Tratouse de facer un programa de entretemento cheo de humor, pero sen deixar de coñecer os principais xéneros periodísticos informativos. Elaboramos noticias, reportaxes, fixemos entrevistas a personaxes inventados e reais e sempre desde un punto de vista irónico e humorístico, co fin de reflexionar sobre o tratamento da información nos medios televisivos e facendo unha parodia sobre a desinformación coa que vivimos nos tempos de hoxe.

Cada grupo puxo en marcha o seu particular programa:

 




 





24 de outubro de 2020

Día das Bibliotecas: Xeografías lectoras

 Para celebrar o Día das Bibliotecas decidimos rescatar a nosa exposición "Volta ao mundo en 80 libros". Aproveitamos que o lema das bibliotecas escolares de Galicia é este ano "Xeografías lectoras" para recomendar lecturas que nos levan a viaxar polos cinco continentes, agora que as viaxes só poden ser virtuais e coa imaxinación.


Os libros son os instrumentos idóneos para chegar tan lonxe coma as súas páxinas nos permiten; son as ferramentas máis eficaces para coñecer outras ideas, descubrir novos horizontes e interpretar o mundo de xeito crítico e consciente.

Comenza a túa viaxe e nunca deixes de asomarte a novas lecturas, a novos mundos.











19 de outubro de 2020

Axúdanos a completar a listaxe de mulleres galegas escritoras

 Co gallo da celebración hoxe do Día das Mulleres Escritoras queremos facer unha listaxe de escritoras galegas e do seu pensamento. Convidámosvos a aumentar esta pequena presentación.



Abrimos as nosas portas celebrando o Día das Escritoras

 Despois de poñer a punto a nosa biblioteca con todos os protocolos necesarios para ser un lugar seguro, hoxe tocou abrir as portas!

O día non foi escollido ao chou, senon que quixemos celebrar o Día das Mulleres Escritoras do mellor xeito posible. 

















14 de outubro de 2020

Horario, aforo e reserva de libros

Compartimos o noso horario para este trimestre. Recorda que o aforo máximo da biblioteca é de 21 usuarios e o profesorado de garda. 


Para aumentar as medidas de seguridade, recomendamos que fagades as vosas reservas de libros no noso correo electrónico reservaosteuslibros@ulaboral.eu.




Recordámosvos as principais novidades:




A principal recomendación: non deixes de ler...

Todo preparado para facer da nosa biblioteca unha zona segura

 Xa temos case todo listo para abrir as nosas portas con todas as medidas de seguridade que require a situación actual.


Temos sinalizados os postos segundo estean ou non dispoñibles cunha marca verde ou vermella.






Por suposto, tamén debes seguir todas as recomendacións xerais: distancia, uso de máscara e limpeza de mans. Tes á túa disposición xel hidroalcólico así como desinfectante e papel para a limpeza do teu posto de traballo.

Entre todos faremos unha biblioteca segura!