Amosando publicacións coa etiqueta comunicación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta comunicación. Amosar todas as publicacións

9 de abril de 2026

Probando, aprendendo, experimentando

 Hoxe da man de Isabel Risco aprendemos a perder a vergoña e a soltarnos en público.

Empezamos co quencemento vocal e físico.











Aprendemos a facer paisaxes sonoros e rematamos co noso telexornal particular.






Grazas, Isabel!

25 de marzo de 2026

Obradoiro de expresión oral na RULA

 


Este ano decidimos contactar con  Isabel Risco, cunha longa traxectoria como atriz en televisión, teatro e radio (podedes picar no enlace para máis info). A súa proposta é ofrecer un obradoiro de expresión oral, para traballar a voz, a dicción e utilizar outros recursos sonoros para transmitir con éxito a nosa mensaxe. Utilizaremos a radio como ferramenta de traballo.


O obradoiro está previsto para o xoves día 9 de abril, de 15:30 a 19:30. 

8 de abril de 2024

Máis English Conversation na biblioteca

 Durante este terceiro trimestre temos máis oportunidades de practicar inglés na biblioteca. Temos grupos e franxas tanto para alumnado como para profesorado. Aproveita e mellora as túas competencias lingüísticas!

 


 

18 de marzo de 2024

Volve o Rap á biblioteca

Contamos aquí o desenvolvemento dunha actividade integradora de varias competencias: comunicación, valores e emprendemento. Convidamos de novo ao rapero freestyler @Le33, xa que o curso pasado comprobamos o interese que espertou a súa visita entre o alumnado.




O alumnado de FP Básica e do Ciclo de Ensinanza e Animación Sociodeportiva tiveron oportunidade de participar, enlazando cos contidos relacionados cos módulos de comunicación que se imparten no ciclo. Tamén aproveitamos a actividade para ofrecer unha oportunidade de emprendemento e desenvolvemento persoal, visibilizando que é posible vivir profesionalmente dos nosos intereses persoais. 

Durante a charla aprendemos a historia do rap e o freestyle, as técnicas, as métricas, pero tamén de comunicación, do respeto ao oponente e de valores na competición e na vida.

A mensaxe final: Esfórzate cada día para lograr os teus soños.



Como non podía ser doutro xeito a actividade rematou cunha pequena demostración de batalla de galos, xunto cun grupo de profesores e alumnado.


19 de abril de 2023

Volve o English Conversation á biblioteca

 Pouco a pouco imos recuperando as actividades que levábamos a cabo e que coa pandemia costou recuperar.

Unha das actividades que máis gozamos son as sesións de English Conversation. Grazas á colaboración da nosa auxiliar de conversa, Andrea, e de Lucía, a coordinadora do departamento de idiomas, conseguimos ter dúas sesións semanais para que o profesorado do centro mellore a súa competencia linguística en inglés.





 

Coma sempre, un café compartido axuda moito a acadar un bo clima de traballo. Let's go!


23 de marzo de 2023

Freestyle no rap: Comunicación, valores y emprendemento

 Novo día de festa na nosa biblioteca. 

Desta volta tratando de facer unha actividade integradora de varias competencias: comunicación, valores e emprendemento, convidamos ao rapero freestyler @Le33, recente campión do mundo na final internacional de BDMdeluxe celebrada en Chile.

Estrenamos tamén a zona de auditorio do novo espazo bibliotecario, que pese a ser provisional estanos a gustar cada vez máis.





Durante a charla aprendemos un lote sobre a historia do rap e o freestyle, as técnicas, as métricas, pero tamén de comunicación, do respeto ao oponente e de valores na competición e na vida.




O alumnado do Ciclo de Ensinanza e Animación Sociodeportiva foi o que tivo oportunidade de participar, enlazando cos contidos relacionados con comunicación que se imparten no ciclo. Tamén aproveitamos a actividade para ofrecer unha oportunidade de emprendemento e desenvolvemento persoal, visibilizando que é posible vivir profesionalmente dos nosos intereses persoais. 

A mensaxe final: Esfórzate cada día para lograr os teus soños.

Como non podía ser doutro xeito a actividade rematou cunha pequena demostración de batalla de galos, xunto cun dos nosos alumnos.