Grazas á solidariedade da comunidade educativa poidemos axudar ao Banco de Alimentos Rías Altas na súa encomiable labor de axuda aos máis vulnerables.
Grazas á solidariedade da comunidade educativa poidemos axudar ao Banco de Alimentos Rías Altas na súa encomiable labor de axuda aos máis vulnerables.
Última sesión do ano no Club de Lectura e tocaba facer unha festa das que nos gustan, claro: libros, doces e convidada de luxo.
Abarrote arredor da nosa mesa lectora.
Hoxe tocaba comentar Maus, de Art Spiegelman. Unha lectura moi esixente, con moitos niveis de lectura, que provocou algo de desconcerto en lectores non habituados ao formato de banda deseñada.
Para tratar de facilitar a comprensión da obra convidamos a Sira González, bibliotecaria na rede de bibliotecas municipais da Coruña e gran entusiasta do comic e coñecedora de moitas chaves para a mediación lectora nunha obra desta envergadura. Suma ademáis moitos anos de coordinación de Clubs de Lectura. Unha oportunidade de rematar o ano no Club ao grande, en mans expertas.
Por suposto, Maus permite falar de historia, de alta literatura con tantos niveis narrativos, de dibuxo, de metáforas, da riqueza das súas viñetas...
Coma boa biblitecaria que é, Sira aproveitou para falar de moitos outros comics que temos nos nosos fondos. Xoias tales coma El arte de volar, El ala rota, Hierba...
Coa axuda de Sira fixemos unha pequena selección de obras de banda deseñada que contan a Historia, con maiúsculas.
Compartimos a proposta feita desde o Ciclo de Animación Deportiva para traballar o bullying co alumnado do Ciclo ao que pensamos convidar á nosa sesión de xaneiro para incorporar outras visións, outras experiencias, outras voces.
Grazas por todo, Sira!
Pequenos agasallos de Nadal, novas propostas de lectura... Quen necesita máis?
Ata o 2023! Felices Festas!
No equipo da biblioteca estivemos dacordo en que non podiamos deixar rematar o 2022 sen facer a recollida de alimentos a favor do Banco de Alimentos Rías Altas. O certo é que o tempo botóusenos encima e que só temos tres días antes do remate das clases, pero cremos que é tempo dabondo para que a nosa comunidade educativa poida facer a súa contribución solidaria.
A recollida será na biblioteca. Podedes traer os alimentos non perecederos que queirades ou ben mercar un dos nosos marcapáxinas solidarios, a cambio do donativo que consideredes. Cos fondos recaudados un membro do equipo da biblioteca encargarase de mercar leite, aceite e conservas.
Pensamos que é importante trasmitir estes valores solidarios ao alumnado, así que animámosvos a que os acompañades á biblioteca e lles expliquedes esta iniciativa. Cada un pode contribuir segundo as súas posibilidades. Cada euro€ conta!
Este Nadal preparamos para vós unhas suxestións do máis variado, mirade algunhas:
Aí van as últimas novidades na nosa biblioteca, coma sempre atoparás un pouco de todo: misterio, divulgación, psicoloxía, novas voces, historias ambientadas no Brasil, en Cuba, en Colombia, en Estados Unidos, en Sudáfrica.
Viaxemos lonxe, sen retrasos nin aeroportos.
Cremos que non fai falta moito máis que reproducir a listaxe de mulleres asasinadas pola violencia machista no que vai de ano para reflexionar sobre a magnitude desta realidade. Quen escoita o podcast está desexando que remate, que non digan un so nome máis. Basta!
Queremos recoller nesta entrada as actividades desenvolvidas co gallo do 25N, das que xa mostramos os preparativos neste mesmo blog.
Preparamos na entrada unhas mesas con tarxetas moradas, bolígrafos e fío para colgar as mensaxes das árbores.
Tamén entregamos unhas pulseras a todos os que se acercaban ao bosque.