Desde a biblioteca e xunto co equipo de Dinamización da Lingua Galega iniciamos esta semana a recollida e a fase de exposición do proxecto "Pon o teu Lugar no Mapa". A recollida de palabras do galego local iniciouse o curso pasado, e contou coa implicación dos grupos de 1º de Bacharelato.
20 de xaneiro de 2021
Pon o teu lugar no mapa
14 de xaneiro de 2021
Escape room sobre os xéneros literarios
O alumnado de FP Básica traballou os xéneros literarios a través do escape room "O regreso dos zombis" facendo un recorrido pola nosa biblioteca. Os enigmas foron moi variados e permitiulles navegar entre os cómics, consultar El Quijote de la Mancha e rebuscar entre as nosas películas.
Tiñan que ir protexidos porque os zombis podían atacar en calquera momento e Federico os agardaba na entrada...
A pesar disto, conseguiron a chave para escapar da habitación resolvendo todos os enigmas e ao final o equipo máis rápido tivo a súa recompensa!!
22 de decembro de 2020
Nadal Solidario e Boas festas
Grazas a toda a comunidade educativa da Laboral este Nadal será mellor para moitas familias. O calendario solidario foi unha actividade moi gratificante e desde a biblioteca queremos agradecer a vosa xenerosidade e colaboración, tamén queremos dar as grazas ao centro por ter contribuído cunha importante doazón destinada a produtos de hixiene, limpeza e alimentos. Aquí está o resultado da recadación destes 11 días a favor do banco de alimentos Rías altas. Grazas de novo.
Bo Nadal!!
17 de decembro de 2020
Recomendacións literarias para o Nadal
Desde a biblioteca queremos intentar fomentar a lectura entre todo o persoal do centro e sobre todo entre o noso alumnado e motivalo para que leven algúns libros de lectura este Nadal. Para iso por cada préstamo que se faga desde a biblioteca agasallamos cun marcapáxinas e uns doces de Nadal a todos os usuarios.
4 de decembro de 2020
A nosa árbore énchese de solidariedade
Este ano decidimos construir unha árbore de Nadal chea de solidariedade.
De novo contamos co compromiso e axuda do alumnado do Ciclo de Mantemento de Instalacións Frigoríficas que se encargaron do deseño e montaxe da estructura.
Cada día os membros da comunidade educativa imos completando o noso calendario solidario, enchendo as caixas preparadas co alimento correspondente ao día.
Este Nadal debemos ser máis solidarios ca nunca. Un paso máis para contribuir coa Axenda 2030.
1 de decembro de 2020
Giving Tuesday: colabora na nosa árbore solidaria
Por fin pasou o ruido do Black Friday e do Cyber Monday e xa podemos dedicar o tempo ás cousas que importan. Este ano para celebrar o Giving Tuesday poñemos en marcha unha iniciativa solidaria co Banco de Alimentos Rías Altas.
Desde a Biblioteca do centro imos facer un "Calendario solidario" cuxa recaudación irá destinada ao banco de alimentos "Rías altas". A donación poderá efectuarse de dúas maneiras, poderase colaborar con alimentos ou ben con diñeiro. A idea é que durante o mes de decembro estará exposta na entrada do instituto unha árbore con caixas, cada día donaremos un tipo de alimento (por exempo, o día 1 café, o día 2 arroz...), ao día seguinte farase pública a cantidade de alimentos recaudados en función das donacións.
Este ano máis que nunca os bancos de alimentos necesitan da nosa axuda e nós coma centro educativo intentaremos pór o noso grao de area.
25 de novembro de 2020
As nosas máscaras berran Stopviolencia
Coma cada 25N reivindicamos o dereito a vivir nunha sociedade libre de violencia. Consideramos que non hai mellor ferramenta para lograr este obxectivo que a educación.
Neste ano tan atípico no que non se recomenda berrar quixemos que as nosas máscaras levaran o lema #StopViolencia e berraran por nós.