Amosando publicacións coa etiqueta Educación en valores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación en valores. Amosar todas as publicacións

22 de xaneiro de 2026

Talentos Inclusivos de novo na biblioteca

 O alumnado de Electricidade e de Instalacións eléctricas de FP Básica participa un ano máis no programa Talentos  Inclusivos en asociación coa entidade Aspace.







Una experiencia que permite ao alumnado coñecer as dificultades no día a día das persoas con parálise cerebral e descubrir como eles poden axudarlles.

3 de decembro de 2025

Dinamización da Exposición de Enredadas no Cambio

 Aproveitamos a exposición sobre emprendemento feminino para traballar os valores de igualdade e o fomento do espíritu emprendedor co alumnado. 

Os alumnos e alumnas descubriron as historias de cada unha das protagonistas da exposición e valoraron o seu emprendemento como un éxito para elas, as súas familias e as súas comunidades. 






 Queda pendente para vindeiras sesións a visita de Sofía, unha das Mulleres Colleiteiras cuxa historia forma parte da exposición.

13 de novembro de 2025

Inspirándonos en Rosalía polo 25N

 Aproveitamos a repercusión do último disco de Rosalía para preparar materiais para o 25N. As cancións A Perla, Xugular poden servir para achegar mensaxes con máis impacto no alumnado.

 


 

16 de marzo de 2025

Talentos inclusivos

 Recibimos a visita de varios usuarios de ASPACE e dúas das súas coidadoras a través do programa Talentos Inclusivos no que estamos a participar. Estiveron contándolle aos nosos alumnos de 1º de CB Electricidade e electrónica como era o seu día a día e a importancia para eles dos retos que están a traballar. O noso alumnado tivo a oportunidade de preguntarlles dúbidas e tamén aproveitamos para gravar un Podcast para a nosa Radio na Biblio.









 



 

28 de xaneiro de 2025

O noso podcast de Prevención de Riscos Laborais

Conectamos a aula de IPE coa Radio na Biblio. O noso alumnado preparou un programa sobre Prevención de Riscos Laborais, para tratar de difundir os principios básicos en materia preventiva. Deixamos por aquí unha mostra do podcast realizado polo alumnado do Ciclo Medio de Navegación e Pesca Litoral. Escoitade! Son interesantes ata os anuncios promocionando EPI's...




15 de decembro de 2024

Nadal para a solidariedade

 Un ano máis activamos a nosa campaña de recollida de alimentos non parecedeiros para o Banco de Alimentos Rías Altas.

Recollida ata o día 20 de decembro.

 


 


 

 

25 de novembro de 2024

25N: Non é un caso illado

 


Cada ano, cada día, tratamos de encamiñar ao noso alumnado para que saiba recoñecer os símbolos da violencia. Paso a paso.







22 de novembro de 2024

25N: Alzamos a voz frente a violencia de xénero

 



A literatura ten o poder de educar, crear conciencia e transformar. Alcemos a voz frente a violencia. Non cales! Non é un caso illado!

24 de outubro de 2024

Día das Bibliotecas: Por un futuro sostible

 

 


 

 O lema deste ano, escollido por A Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura,"Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñamos todas as bibliotecas na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.


    A través das nosas coleccións, servizos e actividades con usuarios, as bibliotecas contribuímos a construír unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras.


    Máis aló dos ODS relacionados coa Cultura e o Coñecemento aos que claramente contribuímos as bibliotecas, tamén fomentamos a educación de calidade, a igualdade de xénero, a consolidación de institucións máis democráticas, a difusión de información veraz, a redución da pobreza, o coidado do medio ambiente…


 




    Como institucións democráticas, as bibliotecas somos espazos accesibles abertos á participación da cidadanía, que busca nelas un lugar de encontro, de intercambio de opinións e coñecemento, de posta en marcha de novas ideas e proxectos, sendo especialmente relevantes en zonas rurais e/ou pouco poboadas.

Procuramos a educación en valores para a formación de cidadáns comprometidos, críticos e responsables, que constrúan sociedades máis xustas.

 




    Igualmente, as bibliotecas contribuímos á redución da fenda dixital, proporcionando acceso ás novas tecnoloxías e formación en competencias dixitais para persoas de todas as idades e contextos, en liña coa Estratexia España Dixital 2026 e os obxectivos da Década Dixital de Europa.

 

Como non podía ser de outro xeito deixamos as nosas recomendacións lectoras relacionadas coa Axenda 2030.


 

Feliz Día das Bibliotecas!

 


17 de outubro de 2024

Comezamos a preparar o noso 25N

 Como cada ano no centro queremos ter moi presente a data do 25N e a biblioteca centralizará parte da actividade a desenvolver.

Aínda non queremos desvelar o que faremos pero necesitamos a colaboración de toda a comunidade educativa.



Pasa pola biblioteca, deixa o teu par de zapatos vellos e leva unha papeleta para participar no sorteo dun cheque agasallo de 50€.

 


 

Seguiremos informando...

18 de marzo de 2024

Volve o Rap á biblioteca

Contamos aquí o desenvolvemento dunha actividade integradora de varias competencias: comunicación, valores e emprendemento. Convidamos de novo ao rapero freestyler @Le33, xa que o curso pasado comprobamos o interese que espertou a súa visita entre o alumnado.




O alumnado de FP Básica e do Ciclo de Ensinanza e Animación Sociodeportiva tiveron oportunidade de participar, enlazando cos contidos relacionados cos módulos de comunicación que se imparten no ciclo. Tamén aproveitamos a actividade para ofrecer unha oportunidade de emprendemento e desenvolvemento persoal, visibilizando que é posible vivir profesionalmente dos nosos intereses persoais. 

Durante a charla aprendemos a historia do rap e o freestyle, as técnicas, as métricas, pero tamén de comunicación, do respeto ao oponente e de valores na competición e na vida.

A mensaxe final: Esfórzate cada día para lograr os teus soños.



Como non podía ser doutro xeito a actividade rematou cunha pequena demostración de batalla de galos, xunto cun grupo de profesores e alumnado.


12 de decembro de 2023

Nadal Solidario

 


 O equipo da Biblioteca impulsa unha nova campaña solidaria de recollida de alimentos. Poderás traelos directamente ou se o prefires podes mercar un marcapáxinas, pagando por el o que consideres para facer a donativo e o equipo da Biblioteca encargarase de mercar as alimentos cos fondos recaudados). Podes vir no horario de apertura da Biblioteca. Todos os que fagan donativos recibirán un boleto para participar nun sorteo o día 21 de produtos de comercio xusto.


 

Anunciaremos nas nosas redes sociais a cantidade de alimentos que será doada grazas á vosa solidariedade.

Pensamos que é importante trasmitir estes valores solidarios ao alumnado, así que animámosvos a que os acompañades á biblioteca e lles expliquedes esta iniciativa. Cada un pode contribuir segundo as súas posibilidades. Cada euro€ conta!

 





23 de marzo de 2023

Freestyle no rap: Comunicación, valores y emprendemento

 Novo día de festa na nosa biblioteca. 

Desta volta tratando de facer unha actividade integradora de varias competencias: comunicación, valores e emprendemento, convidamos ao rapero freestyler @Le33, recente campión do mundo na final internacional de BDMdeluxe celebrada en Chile.

Estrenamos tamén a zona de auditorio do novo espazo bibliotecario, que pese a ser provisional estanos a gustar cada vez máis.





Durante a charla aprendemos un lote sobre a historia do rap e o freestyle, as técnicas, as métricas, pero tamén de comunicación, do respeto ao oponente e de valores na competición e na vida.




O alumnado do Ciclo de Ensinanza e Animación Sociodeportiva foi o que tivo oportunidade de participar, enlazando cos contidos relacionados con comunicación que se imparten no ciclo. Tamén aproveitamos a actividade para ofrecer unha oportunidade de emprendemento e desenvolvemento persoal, visibilizando que é posible vivir profesionalmente dos nosos intereses persoais. 

A mensaxe final: Esfórzate cada día para lograr os teus soños.

Como non podía ser doutro xeito a actividade rematou cunha pequena demostración de batalla de galos, xunto cun dos nosos alumnos.