Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións lectoras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións lectoras. Amosar todas as publicacións

16 de xuño de 2026

24 de outubro de 2025

A loita contra as Fake News desde a nosa biblioteca. Contra a desinformación, bibliotecas!

 A situación actual de desinformación, bulos, noticias falsas é alarmante, pero hoxe no Día das Bibliotecas queremos poñer unha nota de humor. Pensamos que a labor dos centros docentes, en xeral, e das bibliotecas, en particular, acabará por dar o seus froitos e gañar a batalla.

 

A mellor cousa que podemos facer no día de hoxe é presentar unha selección de lecturas que nos axudarán a interpretar o mundo.
 



Xa sabedes, contra a desinformación, BIBLIOTECAS!

11 de xuño de 2025

Recomendacións de verán

 Este verán date un ben merecido premio cunha boa lectura. Recollemos a nosa selección de obras premiadas xunto con outras propostas lectoras, intentando recoller todos os gustos.




27 de xaneiro de 2025

Lecturas para non repetir a historia

 Hoxe que se celebran os 80 anos da liberación do campo de exterminio de Auschwitz pode ser bo momento para retomar algunhas lecturas, seleccionadas fai tempo para unha sesión do noso Club.

 


Tamén a actualidade obriga a retomar este collage que fixemos no seu día, durante o primeiro mandato de Trump.

A cultura e a lectura son as únicas armas para combatir a desinformación e tratar de evitar que a historia se repita.

20 de xaneiro de 2025

15 de decembro de 2024

Lecturas para o Nadal

 Xa temos preparadas as nosas recomendacións para estes días de festa. 

Destacamos algunhas das nosas suxestións:

  • Mergúllate na saga de Blackwater, a historia dunha familia nun pobo asolagado. Toques sobrenaturais para unha lectura adictiva.
  • Presentes, de Paco Cerdá, o relato da recorrido do féretro de José Antonio Primo de Rivera a través da España de 1939.
  • O corpo de Cristo, de Bea Lema, Premio Nacional do Comic 2024.
  • As alumnas, Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura, inspirada na mestra María Barbeito.
     

Os nosos mellores desexos para o 2025!





10 de decembro de 2024

Chegaron as novidades do Nadal

 Como cada ano os Reis chegan por adiantado á biblioteca e deixaron un bo surtido de novidades, novela, ensaio, banda deseñada...




24 de outubro de 2024

Día das Bibliotecas: Por un futuro sostible

 

 


 

 O lema deste ano, escollido por A Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura,"Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñamos todas as bibliotecas na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.


    A través das nosas coleccións, servizos e actividades con usuarios, as bibliotecas contribuímos a construír unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras.


    Máis aló dos ODS relacionados coa Cultura e o Coñecemento aos que claramente contribuímos as bibliotecas, tamén fomentamos a educación de calidade, a igualdade de xénero, a consolidación de institucións máis democráticas, a difusión de información veraz, a redución da pobreza, o coidado do medio ambiente…


 




    Como institucións democráticas, as bibliotecas somos espazos accesibles abertos á participación da cidadanía, que busca nelas un lugar de encontro, de intercambio de opinións e coñecemento, de posta en marcha de novas ideas e proxectos, sendo especialmente relevantes en zonas rurais e/ou pouco poboadas.

Procuramos a educación en valores para a formación de cidadáns comprometidos, críticos e responsables, que constrúan sociedades máis xustas.

 




    Igualmente, as bibliotecas contribuímos á redución da fenda dixital, proporcionando acceso ás novas tecnoloxías e formación en competencias dixitais para persoas de todas as idades e contextos, en liña coa Estratexia España Dixital 2026 e os obxectivos da Década Dixital de Europa.

 

Como non podía ser de outro xeito deixamos as nosas recomendacións lectoras relacionadas coa Axenda 2030.


 

Feliz Día das Bibliotecas!

 


21 de outubro de 2024

Recomendacións de medo

 Aquí tes unha selección de lecturas para o Samaín. Xa sabes que temos unha longa ponte para facer magostos e gozar coas historias de medo, pantasmas e bruxas.