27 de maio de 2016

O alumnado participante nas Xornadas de Convivencia do Voluntariado de Lectura explora a nosa biblioteca

O pasado xoves, 26 maio, tivemos unha visita moi especial: cincuenta alumnos dos centros CEIP Ricardo Tobío (Muros, A Coruña), CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei, Lugo), CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra) e CEIP Sobreira-Valadares (Vigo, Pontevedra) viñeron a coñecer a nosa biblioteca e participaron nun obradoiro que lles permitiu explorar os nosos fondos e demostrar que poden desenvolverse perfectamente nunha biblioteca pensada para un perfil de usuarios moi diferente.

Para nós foi moi gratificante velos desfrutar recorrendo os andeis e comprobar que a nosa biblioteca pode ser un lugar axeitado para moi distintos usuarios. Encantounos compartir esa tarde con eles!! Aprendemos moito todos!!





12 de maio de 2016

Sabías que no instituto temos unha colección de vinilos?

Estes días estivemos a rescatar algúns tesoiros da antiga biblioteca.

Xa estamos a piques de rematar a recatalogación de moitos vinilos que permaneceron agochados durante anos na antiga biblioteca.

Temos un pouco de todo







11 de maio de 2016

Mes das Letras con Manuel María

Manuel María acompáñanos coa súa obra nos andeis da biblioteca e os corredores do centro, xunto con outros autores galegos homenaxeados en anos anteriores.





8 de maio de 2016

O noso revisteiro en maio

Xa podes explorar a cociña cósmica con Jordi Cruz, descubrir o poder do humor, rir coas últimas viñetas de "El Jueves", ou desfrutar de "Rock de Lux".

Pásate polo noso revisteiro