Amosando publicacións coa etiqueta mulleres. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mulleres. Amosar todas as publicacións

16 de xuño de 2026

21 de abril de 2026

Entregamos os premios as gañadoras do concurso Mulleres Raíz

 Entregamos os premios as mellores historias e fotografías do noso concurso Mulleres Raíz.

Herminia Mirás Mantiñán. A miña bisavoa, Herminia Mirás, no ano 1963 convertiuse nunha das primeiras mulleres en xogar ao fútbol en Galicia. Foto no campo de fútbol de Crendes (Abegondo) do año 1963. Na primeira fotografía Herminia é a segunda na fila de abaixo empezando pola esquerda. No ano 2020 as mulleres xúntanse de novo para rememorar o seu fito . Herminia é a terceira da esquerda Finalmente, no ano 2025, outorgaselles un recoñecemento ao mérito deportivo.




A súa bisneta, Sabela Caamaño Reborido, recibe un dos premios.


Outra das premiadas, Nadia Escourido, fixo unha preciosa homenaxe a súa avoa.




17 de decembro de 2025

Lemos unha autora premio Nobel no noso Club

 Quixemos elevar o nivel de esixencia lector abordando a obra de Han Kang, "A vexetariana", unha obra complexa e con moitos matices e que da lugar a diversas interpretacións.

O dossier preparado para a ocasión e sobre todo as galletas facilitaron moito a sesión e o debate. Temas como a discriminación, a comunicación, a violencia, a liberdade individual estiveron no centro da sesión.

 


 




 










 Como sempre a nosa mesa quedou chea doutras propostas de literatura coreana.

17 de febreiro de 2025

Marilar Aleixandre visita o noso Club de Lectura

 Hoxe tivemos a sorte de recibir no noso Club de Lectura a Marilar Aleixandre, para comentar a súa obra As malas mulleres, ca que acadou o Premio Nacional de Narrativa.

Nós tiñamos todo preparado, cunha pequena guía para a conversa.









 A obra é rica en temáticas: a xustiza, o aborto, a pobreza, a memoria, as mulleres invisibilizadas e as pioneiras (como Concepción Arenal e Juana de Vega), o poder da literatura...

Unha novela coral, tanto polo contido como pola súa forma, con ese coro de mulleres, dando voz as esquecidas. 


Marilar contounos o proceso da escrita da obra durante os meses da pandemia e as dificultades para atopar documentación sobre as protagonistas da obra. Ensinounos algúns dos documentos achados en arquivos e bibliotecas e descubrimos máis, por exemplo, sobre Juana de Vega, inxustamente descoñecida para gran parte da cidadanía, en parte por ser muller.




 Como en cada sesión, novos libros saíron dos andeis cara a mesa, enchendo aínda máis o listado de lecturas apetecibles e pendentes.

14 de xaneiro de 2025

Ángela Ruiz Robles, unha pioneira.

 Compartimos este vídeo ilustrativo sobre esta mestra, un exemplo de innovación pedagóxica a quen pretendemos adicar o noso espazo Maker.



3 de decembro de 2021

Proxectos empresariais no módulo de EIE comprometidos co 25N

 O compromiso contra a violencia chega ao alumnado do módulo de EIE, que deseñan accións de Responsabilidade Social Corporativa ligadas a loitar contra esta lacra.

As súas propostas están sendo recollidas neste padlet:



Hecho con Padlet

25 de novembro de 2021

Actividades polo 25N

O alumnado do centro tivo ocasión de transitar pola nosa rotonda contra a violencia e de deixar as súas mensaxes contra esta lacra.



 


 

Desde o Concello de Culleredo sumáronse á nosa conmemoración, recorrendo a ruta de sinais e lendo un manifesto de repulsa, xa na biblioteca.


Tamén as alumnas e alumnos do centro leron poemas de varias autoras sobre esta temática.



Mentres, o alumnado de Formación Básica participaba nun Obradoiro de acoso na rúa, impartido pola Fundación Mulleres.


Para rematar Radio Culleredo emitiu a tertulia celebrada na biblioteca na que participaron varios alumnos e alumnas, a orientadora do centro, a coordinadora da biblioteca e representantes da Fundación Mujeres.






Un intenso día, moito feito e moito máis por facer neste camiño da igualdade.


18 de outubro de 2021

Celebramos o Día das Escritoras

 Inauguramos as nosas exposicións enchendo os andeis de mulleres e a súa obra. Temos para escoller: poesía, narrativa, ensaio... Mulleres diversas con ópticas femininas.