Mañán xoves no recreo da mañá (11:30) teremos a tres xogadoras de xadrez
no hall da Laboral xogando un reto contra os/as intrépidos/as que se
atrevan a retalas: unha Mestra FIDE, unha xogadora xuvenil do club de
Xadrez Regatas de Perillo e unha xogadora de Serbia (Club Alexandre
Bóveda-Mirko).
Xogarán rápidas con 1 minuto
de tempo máis 2 segundos de incremento por xogada contra calquera.
Os/as rivais disporedes de 5 minutos + 2 segundos. Haberá obsequios para
os participantes!
Dende as actividades promovidas pola Biblioteca animámosvos a participar a toda a comunidade educativa. Vémonos alí!

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva